Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de febreiro de 2020

A alcaldesa analiza a mobilidade en Monte Alto con veciños e veciñas da zona

Inés Rey e o concelleiro de Urbanismo e Infraestruturas, Juan Díaz Villoslada, tiveron a oportunidade de coñecer a Natalia Rouco, unha rapaza que lle escribiu unha carta á rexedora pedíndolle maior seguridade nos pasos peonís na Rolda de Monte Alto

Esta tarde a alcaldesa, Inés Rey, e o concelleiro de Urbanismo e Infraestruturas, Juan Díaz Villoslada, coñeceron a Natalia Rouco, unha rapaza que escribiu unha carta á rexedora pedíndolle que mellorase os pasos peonís na rolda de Monte Alto e nos accesos ao CEIP Víctor López Seoane. Rouco, que foi a representante da súa clase para lles trasladar os problemas de mobilidade da zona, fixo de guía polas rúas do barrio e queixouse ao Goberno local da velocidade dos vehículos nesta rolda.

Ademais, reclamoulle unha solución para as escaleiras que conectan a Rolda de Monte Alto coa rúa Vía Ártabra. A alcaldesa comprometeuse a poñer en marcha una serie de medidas para garantir a seguridade dos peóns e as peoas que pasa por reducir a velocidade dos vehículos no barrio e, durante o encontro, barallouse a posibilidade de instalar un semáforo con pulsador no cruzamento onde está localizada a escola infantil.

Por outra banda, varios veciños e veciñas acudiron á visita da alcaldesa a Monte Alto para abordar as diferentes demandas desta zona, entre as que destacan melloras na mobilidade e seguridade viaria na rúa Vía Ártabra polo mal estado en que se atopa a calzada, e a beirarrúa, que non cumpre as normas de accesibilidade. As peticións inclúen obras nas rúas Ramón Villamil e Pérez Quevedo que tamén presentan numerosas deficiencias.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión