24 de marzo de 2023
Será de balde ata completar a capacidade do salón de actos da Fundación Paideia, ás 19.30 h
O vindeiro xoves 30 de marzo será a quenda da coruñesa Sofía Toro, campioa olímpica, mundial e europea de Vela e xerente do Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar, e da defensa central do Deportivo Abanca, Raquel García.
Falarán da educación fronte aos retos da muller no deporte e moderará Isabel Bravo, xornalista de Radio Coruña Cadea SER.
Máis referentes femininos
O terceiro foro Pensando en Educación reunirá voces femininas de gran relevancia nos seus campos profesionais. Todas as sesións serán no mesmo horario e localización. A terceira e última das sesións estará protagonizada por Isabel Blanco, comunicadora, actriz e produtora de formatos para televisión, documentais e pequenas ficcións e Mariana Carballal, docente, directora de cinema, teatro, televisión e activista pola igualdade de xénero na cultura. Nesta ocasión as protagonistas falarán dos retos femininos no mundo do teatro, o cinema e a interpretación. Encargarase de moderar Lara Vivero, xornalista de Onda Cero
Documentos relacionados
25 de maio de 2023
19 de maio de 2023
16 de maio de 2023
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible