24 de setembro de 2022
Participaron nesta proba 193 axentes de 75 concellos do país
A Coruña viviu este sábado un gran ambiente deportivo durante a celebración do XXIV Campionato de España de MTB de policías locais, que se celebrou este ano na nosa cidade. Centos de ciclistas participaron neste evento, que este ano organizou o corpo municipal de Policía Local.
A vitoria na categoría absoluta masculina foi para Miguel Mínguez Ayala, do equipo de Bilbao, que completou o circuíto de Bens cun tempo de 1 hora 34 minutos e 37 segundos. Na categoría feminina o mellor tempo foi para Carolina Alonso, de Leganés. Por equipos, o mellor tempo conxunto foi para Ceuta, seguido de Madrid e León. O equipo coruñés quedou na sétima praza. Participaron un total de 193 policías de 75 concellos do país.
A proba arrancou ás dez da mañá do paseo do Parrote cunha saída neutralizada. As diferentes persoas participantes percorreron o Paseo Marítimo ata chegar ao punto de partida do circuíto, situado en Bens. O percorrido transcorreu pola contorna do parque, o que deixou espectaculares imaxes dos ciclistas coa Coruña de fondo.
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, congratulouse do gran labor levado a cabo polo corpo municipal de Policía Local na celebración desta proba e do gran ambiente e a cordialidade entre os axentes e as axentes chegadas desde distintos puntos de España.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible