Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de outubro de 2025

Milladoiro repasará este sábado no ciclo Folk no Colón máis de catro décadas de traxectoria

As últimas entradas para o seu concerto, en Ataquilla e na praza de Ourense

Este sábado 11 de outubro celebrarase unha nova sesión da segunda edición do ciclo Folk no Colón, que reúne sobre as táboas do Teatro Colón a algunhas das mellores formacións de música tradicional galega e internacional. Será a quenda de Milladoiro, banda pioneira e símbolo do folk galego contemporáneo.

As últimas entradas continúan á venda a través de Ataquilla e no despacho de billetes da praza de Ourense. O propio día da función, o sábado 11, poderanse adquirir localidades no propio despacho de billetes do Teatro Colón. "Desde o Goberno de Inés Rey impulsamos un ciclo que achega á cidadanía ás mellores bandas e artistas da música tradicional, proba do compromiso que temos coas nosas raíces culturais", indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.

Con máis de catro décadas de experiencia, Milladoiro foi capaz de levar os sons tradicionais de Galicia a escenarios de todo o mundo, desde Escocia ata Estados Unidos, mantendo sempre acendida a chama da nosa identidade cultural a través da música. A súa proposta combina instrumentos ancestrais, composicións propias e melodías de raíz, cunha sensibilidade artística que emociona a xeracións enteiras.

Neste concerto, o grupo repasará algunhas das pezas máis emblemáticas do seu repertorio, celebrando a beleza e a forza da música de raíz cunha posta en escena elegante, íntima e chea de matices. Unha oportunidade única para redescubrir a alma sonora de Galicia cunha das súas bandas máis internacionais.

O ciclo Folk no Colón continuará a partir de novembro coas seguintes actuacións:

  • 9 de novembro | Tiruleque
  • 21 de novembro | Felisa Segade
  • 20 de decembro | Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre
  • 26 de decembro | Carlos Núñez

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión