Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de xuño de 2021

Mobilidade anuncia cambios de circulación nas rúas Federico Tapia e Notariado desde o luns para renovar a rede de pluviais

A alcaldesa anunciou a reapertura ao tráfico da rúa Fontán desde o 21 de xuño tras o remate das obras, “unha reapertura que facilitará o tráfico na zona”. Tranvías da Coruña avisa das alteracións nas liñas de transporte urbano debido á realización da proba de Tríatlon que terá lugar esta fin de semana na cidade.

Con motivo das obras que comezan o vindeiro luns para a renovación na rede de pluviais das rúas Notariado e Federico Tapia, a Concellería de Mobilidade anuncia desde as 9.30 h do 21 de xuño e até o 2 de xullo o corte total da rúa Federico Tapia entre as vías Menéndez Pelayo e Fontán, así como a ocupación dun carril de circulación na rúa Notariado.

En Federico Tapia, as persoas usuarias dos garaxes desta rúa poderán acceder en ambos os sentidos da circulación a estes. Así mesmo, na rúa Notariado deixarase sempre un carril libre de circulación. A alcaldesa da cidade, Inés Rey, anunciou que estas obras coinciden coa reapertura ao tráfico, tamén o luns, da rúa Fontán despois de que o Concello renovase a súa rede de pluviais, "unha reapertura que facilitará o tráfico na zona", sinalou.

TRÍATLON

Doutra banda, con motivo da proba de Tríatlon 2021 que se celebrará esta fin de semana produciranse diversos cortes de tráfico que afectarán ás seguintes liñas de transporte urbano:

1, 1A, 2, 2A, 5, 17, 23 e 23A: Desde Catro Camiños e en dirección cara a Porta Real desviaranse por Enrique Hervada, Castiñeiras, Viaduto de Alfonso Molina, Praza de Ourense, Avda do Porto, túnel de O Parrote e Abente e Lago, continuando a 5 e 17 polo seu itinerario habitual.

As liñas, 1, 1A, 2, 2A, 17, 23 e 23A, desde o Abente e Lago cara a Catro Camiños continuarán polo túnel do Parrote, Avda do Porto, Praza Ourense, Viaduto de Alfonso Molina, ata Paxariñas onde darán a volta para regresar a Catro Camiños, desde onde cada unha delas retomará o seu itinerario habitual (facendo a parada do Remanso, excepto a 1 e 17 que continuarán cara á Palloza).

As liñas 3 e 7, ao non poder circular por Santa Catalina, continuarán desde a Avda de Bos Aires, por Paseo Marítimo, rúa Hospital, San Roque, Praza de España, Praza das Atochas, Veramar, Paseo Marítimo, Abente e Lago e Mestranza, onde recuperan o seu itinerario habitual.

A liña 3A, en sentido de circulación Durmideiras-Praza de Pontevedra, desde o Abente e Lago volverá por Mestranza cara a Praza de España, San Roque,  rúa Hospital, Paseo Marítimo, incorporándose en Praza de Pontevedra ao seu itinerario habitual.

As liñas 21 e 22 desde Catro Camiños circularán por Enrique Hervada, Castiñeiras, Federico Tapia, Praza Galicia e Francisco Mariño, facendo cabeza de liña en Juan Flórez, 10 a liña 22, continuando a liña 21 até Juana de Vega.

As liñas 24 e UDC desde Alfonso Molina circularán por Federico Tapia, Praza Galicia e Francisco Mariño, facendo cabeceira en Juan Flórez, 10.

A liña 14, desde Os Castros, circulará por Avda de Oza, dado que a Avda do Exército vai estar ocupada polos participantes na proba deportiva.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión