Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de abril de 2021

Mobilidade reduce o límite de velocidade a 30 km/h en varios tramos do túnel de María Pita

Con esta determinación, preténdense evitar situacións perigosas nas e nos motoristas debido ás filtracións de auga que hai en varios puntos deste paso subterráneo

Mobilidade reduciu a velocidade en varios tramos do tritúnel debido ás filtracións de auga. Para evitar situacións de perigo nas persoas motoristas, diminuíuse o límite até os 30 km/h practicamente na totalidade do paso subterráneo. Esta medida estendeuse tamén ao tramo final que deriva na praza das Atochas ao considerar que o límite establecido até o de agora de 50 km/h era excesivo dada a pendente. Canto se solucione a incidencia, a concellería volverá revisar o tema de cara a garantir a máxima seguridade das e dos coruñeses.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión