Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de maio de 2021

O Castelo de San Antón abre as súas portas ao mundo virtual polo Día Internacional dos Museos

O Museo Arqueolóxico e Histórico da cidade pon en marcha a súa visita virtual e os museos históricos e científicos celebrarán o seu día cun programa de actividades que se traslada á xornada do sábado 15. A alcaldesa, Inés Rey, manifestou a importancia de ampliar o nivel de actividade divulgativa dun dos sinais de identidade desta cidade.

O Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón lanza un programa de visita virtual para o público xeral que permitirá percorrer as instalacións dunha maneira directa e amena. A aplicación permitirá descubrir os exteriores da antiga fortaleza a través dun percorrido virtual polas distintas dependencias do castelo e acceder aos interiores do Museo Arqueolóxico na planta baixa, así como á sección de Historia do primeiro andar da Casa do Gobernador. O percorrido irá acompañado duns puntos informativos que darán a coñecer o noso patrimonio mentres desfrutamos das vistas do castelo e da baía da cidade. Esta visita virtual está aberta á cidadanía a través da seguinte ligazón: https://intranet.ilux.es/Castillo-San-Anton/www/tour/tour.html

Día Internacional dos Museos

Os centros museísticos da cidade realizarán distintas actividades polo Día Internacional dos Museos cun programa de actividades que se traslada á xornada do sábado 15 de maio. Baixo o lema 'O futuro dos museos: recuperar e reimaxinar´, a programación irá dende visitas guiadas especializadas ata exposicións ou obradoiros infantís. Ademais, a cidadanía terá ocasión de asistir a distintas actuacións, logo da inscrición previa: a Casa Museo Casares Quiroga acollerá o concerto de Mamem Bazarra, a de María Pita o Corufest, a cargo do grupo Acordeireta, con motivo da exposición "Enxeño rural" de Elena Ferro, e o Pazo de María Pita o concerto "Por elas" do grupo Entrelas.

O Aquarium Finisterrae súmase a celebración da efeméride cunha xornada de visita de balde o martes 18 de maio,  con reserva previa de entradas.

Ademais a Casa das Ciencias amplía a catro as súas sesións de planetario para o 18 de maio:

11.00 h. «Da Terra ao universo»: para maiores de 10 anos. Galego

13.00 h. «Más allá del Sol»: de 6 a 12 anos. Castelán

16.30 h. «El cielo de Cloe»: de 4 a 6 anos. Castelán

18.00 h. «Lévame á Lúa»: para maiores de 10 anos. Galego

Pola súa banda, a Domus acollerá a seguinte programación para o sábado 15, domingo 16 e luns 17:

maker@domus: actividades para experimentar a cultura «maker» e facer tecnoloxía con materiais sinxelos e moita imaxinación. Unha oportunidade única para «pensar coas mans». Idade mínima: a partir de 10 anos. As nenas e os nenos non poderán permanecer soas/sós na actividade. Duración: unha hora e media.

atapuerca@domus: proxección da película "En busca del primer europeo", foto coa familia homínida e taller de pintura prehistórica. Idade mínima: a partir de 8 anos. As nenas e os nenos non poderán permanecer soas/sós na actividade. Duración: unha hora e media.

misión@domus: un xogo de escape no que hai que atopar pistas ocultas ou resolver situacións inesperadas para conseguir finalizar a misión secreta no tempo límite. Idade mínima: a partir de 6 anos. As nenas e os nenos non poderán permanecer soas/sós na actividade. Duración: 40 minutos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión