4 de noviembre de 2026
A intervención supón o illamento da estrutura para evitar filtracións
O Concello completou as obras de mellora da cuberta do Teatro Rosalía de Castro. O teatro padecía filtracións a raíz dunhas actuacións levadas a cabo hai unha década e que agora se solucionaron de xeito definitivo.
A intervención resolve así unha problemática que poñía en risco a estrutura dun dos espazos culturais de referencia en Galicia e a nivel estatal, cunha programación de gran calidade e unha alta asistencia de público a todas as funcións. A solución escollida foi a de executar unha sobrecuberta de zinc sobre a xa existente e mellorar, en paralelo, os accesos á cuberta para garantir un correcto mantemento dela.
O investimento na actuación foi de 414.000 euros. O Teatro Rosalía de Castro é un símbolo da identidade cultural da Coruña e un espazo clave para a creación, difusión e encontro arredor das artes escénicas. Coa súa traxectoria de case dous séculos, a súa localización emblemática no corazón da cidade e unha programación estable de teatro, música e danza, o Rosalía consolidouse como un referente cultural en Galicia e como un punto de encontro esencial para a cidadanía coruñesa, co que contribúe de maneira decisiva ao dinamismo cultural e á proxección da cidade.

18 de noviembre de 2026

15 de noviembre de 2026

12 de noviembre de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible