Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de outubro de 2021

O Concello culmina a renovación dos campos de fútbol 3 e 4 da Cidade Deportiva Arsenio Iglesias

As actividades deportivas trasladaranse nos vindeiros días aos novos terreos de xogo para poder acometer as obras previstas nos dous restantes

Os traballos de renovación con céspede artificial dos dous primeiros campos de xogo da Cidade Deportiva Arsenio Iglesias finalizaron esta semana, por diante do prazo máximo de execución establecido no contrato.

A reforma dos campos, da Torre, empregados cada mes por 18.400 persoas, era un dos compromisos do Goberno de Inés Rey coa mellora das instalacións deportivas da cidade. En total, instaláronse 9.894 metros cadrados de céspede artificial, así como os sistemas de rego precisos para a operatividade das instalacións.

O investimento total nos catro campos da Torre supera o millón de euros. Nos vindeiros días as actividades deportivas que se estaban a desenvolver nos campos 2 e 5 mentres se levaba a cabo a reforma do 3 e do 4, mudaranse aos renovados terreos de xogo para poder acometer as actuacións pendentes nos outros dous campos. "Estamos a levar a cabo actuacións de mellora nas instalacións deportivas da cidade por valor de máis de 4,5 millóns de euros", indicou a concelleira de Deportes, Mónica Martínez.

Piscina de Riazor

Ademais, desde o este luns a piscina de Riazor volverá estar operativa para as Escolas Infantís Municipais trala renovación integral da súa cuberta, levada a cabo cun investimento municipal de máis de 260.000 euros. Desde finais deste mes poderán empregar a piscina tanto os clubes como o resto de usuarios.

Por outra banda, tamén durante este mesmo mes asinouse o contrato, por 200.000 euros, para a construción da nova pista de patinaxe do Novo Mesoiro. O prazo da execución dos traballos é de 24 semanas e contribuirá a mellorar as dotacións deportivas do barrio.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión