Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de novembro de 2022

A inminente construción do campo permitirá que o novo recinto deportivo estea operativo no primeiro semestre do ano próximo

O Concello da Coruña adxudica as obras para a construción do campo de fútbol de Eirís, cun investimento superior aos dous millóns de euros

As obras, que abranguen o acondicionamento dos vestiarios e a instalación dun peche perimetral no recinto, terán un prazo de execución de oito meses

O Concello da Coruña ten previsto adxudicarlle á empresa Construcciones López Cao os traballos para executar o novo campo de fútbol de herba artificial de Eirís, cun investimento de 2.012.000 euros.

A proposta de Construcciones López Cao, que será elevada á Xunta de Goberno Local, foi a mellor valorada pola Mesa de Contratación. A nova proposta de adxudicación chega despois de resolver o contrato coa anterior adxudicataria, á que se lle impuxeron penalidades por non executar os traballos encomendados e se acordou a incautación da garantía presentada no seu momento pola empresa, 44.500 euros. Este trámite foi preciso para poder sacar de novo a licitación o campo de fútbol de Eirís. 

Neste sentido, e tras aprobarse a resolución do contrato en vigor, na Xunta de Goberno Local realizada o pasado 26 de setembro autorizouse a licitación das obras do campo de fútbol, que tamén abranguen o acondicionamento dos vestiarios e o peche perimetral do recinto. O prazo de execución dos traballos de construción, desde a súa posta en marcha, será de oito meses. 

A inminente adxudicación para construír o campo permitirá que o novo recinto deportivo estea operativo no primeiro semestre do ano próximo. As obras do campo de fútbol de Eirís atravesaron por diversas vicisitudes que impediron a súa posta en marcha ata o momento, pero finalmente o executivo de Inés Rey completou os trámites para que os traballos poidan estar en marcha durante o actual mandato.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión