Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de outubro de 2022

O Concello da Coruña conclúe as obras de ampliación do carril bici que conectará Mesoiro e o Campus de Elviña coa estrada do Martinete

A actuación mellorará a mobilidade e a conectividade na contorna, ademais de dar resposta a unha das propostas dos Orzamentos Participativos

O Concello da Coruña, a través do servizo de Infraestruturas, vén de rematar os traballos de ampliación e mellora no tramo de carril bici existente entre o Campus de Elviña e Mesoiro, unha actuación que se centrou no cruzamento da estrada que circunvala Mesoiro coa avenida García Sabell.

Esta actuación dá resposta a unha proposta da asociación Mobi-liza no contexto dos Orzamentos Participativos 2021, con vistas a mellorar a mobilidade e conectividade na contorna. O proxecto implicou a actualización e renovación do paso de peóns existente no cruzamento, creando un novo paso elevado con espazos diferenciados para o itinerario peonil e o carril bici segregado, ademais da sinalización pertinente.

O Goberno de Inés Rey aproveitou esta intervención para executar a ampliación do percorrido de carril bici na contorna, abrindo un novo tramo que conectará o trazado Mesoiro-Campus de Elviña coa estrada do Martinete, a través do paso inferior existente nos terreos lindeiros á rotonda da avenida García Sabell. En paralelo a este novo tramo de carril bici executouse tamén unha nova senda peonil, que contará cun firme diferenciado.

En total, reurbanizouse unha superficie de 862,35 metros cadrados, o que tamén implicou a adecuación das beirarrúas e o trazado de carril bici xa existente.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión