Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

17 de septiembre de 2022

A posta en marcha da OMAPU é candidata na categoría de Mellor Práctica Colaborativa

O Concello da Coruña, finalista dos Premios Europeos de Servizos Sociais pola creación da Oficina de Apoio ao Pobo Ucraíno (OMAPU)

É o segundo ano consecutivo no que a Área de Servizos Sociais do Concello é seleccionada para este galardón

O Concello da Coruña foi seleccionado como finalista dos Premios Europeos de Servizos Sociais (European Social Services Awards - ESSA) pola creación da Oficina de Atención ao Pobo Ucraíno, unha ferramenta de atención integral ás persoas refuxiadas ucraínas chegadas á cidade fuxindo da invasión das tropas rusas. A concellería que dirixe Yoya Neira opta ao premio á Mellor Práctica Colaborativa (Collaborative Practice). A temática dos premios deste ano xira ao redor da innovación para o cambio social. 

"Esta nova candidatura é un orgullo e un recoñecemento ao labor do persoal profesional dos Servizos Sociais do Concello e ao compromiso do Goberno de Inés Rey coa atención aos colectivos máis vulnerables da cidade", sinalou Yoya Neira. "No caso concreto da OMAPU, demostra tamén a nosa capacidade de dar unha resposta rápida e eficaz a unha necesidade urxente grazas á experiencia adquirida durante a pandemia na coordinación de distintas entidades públicas e privadas", agregou. Precisamente o labor do Concello durante a xestión da epidemia da COVID-19 foi tamén finalista dos premios ESSA o pasado ano. 

O Goberno de Inés Rey creou a OMAPU o 21 de marzo de 2021, menos dun mes despois da invasión rusa, coa intención de estar preparados canto antes para atender as persoas refuxiadas que puidesen chegar. A oficina naceu como unha ferramenta de atención integral para dar resposta a todas as necesidades que puidesen xurdir, desde as máis básicas -como teito alimento e comida- ata outras máis específicas como escolarización das e dos menores, apoio psicolóxico, leccións de español, deportes e actividades de lecer. Tamén se lles prestou apoio ás persoas refuxiadas para realizar trámites administrativos, obter acceso aos servizos sanitarios, xestión de transporte e calquera outra. 

Para logralo, o Concello traballou de forma estreita con outras administracións públicas, ONG locais, empresas privadas, voluntariado e cidadanía aproveitando a experiencia e a rede de solidariedade e coordinación consolidada na cidade durante a pandemia. Ata o momento, a OMAPU atendeu a 400 persoas refuxiadas a consecuencia da guerra en Ucraína. 

Os premios ESSA concédeos anualmente a Rede Europea de Servizos Sociais (European Social Network - ESN), unha rede de titularidade pública financiada pola Comisión Europea que está integrada por máis de 150 autoridades públicas a nivel local, rexional e nacional, representando a máis dun millón de profesionais técnicos/as de servizos sociais de toda Europa. Estes premios pretenden recoñecer a innovación e a excelencia neste eido e destacan novos enfoques de éxito e o traballo continuado realizado polos servizos sociais de titularidade pública. 

O xurado dos premios ESSA está integrado por docentes de prestixiosas universidades, responsables dos servizos sociais públicos de cidades europeas e funcionariado da comisión europea entre outros profesionais independentes. 

Os premios outorgaranse a través dunha votación popular en liña que se abrirá o próximo mes de outubro.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión