Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de abril de 2022

O Concello da Coruña ofrece clases gratuítas de español para persoas ucraínas de acollida

Os cursos, que tiveron hoxe as súas primeiras sesións, impartiranse todos os xoves e venres no Centro Cívico de Artesáns ata finais de agosto

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Servizos Sociais e Benestar Social, pon en marcha un programa educativo de clases de español para persoas ucraínas de acollida. Trátanse de tres cursos de clases de español (dous para menores e outro para persoas adultas) que teñen como finalidade promover a integración social das persoas acollidas na cidade.

A iniciativa forma parte do paquete de medidas de apoio impulsado pola alcaldesa, Inés Rey, e que ten a Oficina Municipal de Apoio ao Pobo Ucraíno (OMAPU) -que hai un mes abriu as súas portas no número 68 do Matadoiro-, como centro de coordinación. 

A concelleira de Servizos Sociais e Benestar, Yoya Neira, sinalou que  «o descoñecemento do idioma supón unha gran barreira á hora de acadar unha total integración social». Isto tamén afecta a outros eidos, especialmente ao educativo e laboral, o que supón unha forte autolimitación na adaptación á cidade. Por iso, o Concello da Coruña impulsa esta formación en competencias lingüísticas, con dous cursos de clases de español que se impartirán dende o 21 de abril ata o 31 de agosto.

Durante os catro meses que dura o programa, os alumnos e alumnas recibirán 3 horas de clase á semana no Centro Cívico de Artesáns, en horario de 16.00 h a 17.30 h os xoves e de 11.30 h a 13.00 h os venres. Ademais, a estes dous cursos súmase outro máis para menores, que comezará a impartirse a partir do 28 de abril no mesmo espazo, en horario de 11.00-12.30 h os xoves e de 9.45-11.15 h os venres.

Dende o comezo do conflito do pobo Ucraíno, o Concello da Coruña solidarizouse coas persoas afectadas pola guerra, colaborando coa asociación AGA-Ucraína nas distintas tarefas de cooperación (traslado de persoas refuxiadas, envío de materiais, etc.). Ademais o pasado mes (21 de marzo) púxose en marcha a OMAPU como centro de información tanto para persoas acollidas como para aquelas persoas ou entidades que queiran recibir información ou participar nos programas de axuda. Toda a información atópase na web www.coruna.gal/omapu, en galego e castelán así como en ucraíno.

Bolsas para a acollida de persoas refuxiadas

Ademais do impulso do programa de ensino de español, o Concello da Coruña creou unha bolsa para todas aquelas familias coruñesas que queiran acoller a persoas ucranianas chegadas á cidade, que non dispoñen de lugar de hospedaxe. 

O tempo de acollida é temporal e activarase en caso de necesidade, ata que a entidade Accem, responsable de tramitar o acceso ao Sistema de Acollida e Protección Internacional, confira unha praza definitiva á persoa en proceso de acollemento. A selección de familias foi realizada por un equipo técnico municipal, a través dun estudo e valoración previos da familia para certificar a súa capacidade e idoneidade. Ademais, o mesmo equipo realizará un seguimento durante a estadía das persoas acollidas nos domicilios coruñeses velando polo seu benestar.

As familias seleccionadas recibiron hoxe unha charla previa no Centro Cívico da Cidade Vella, a cargo de persoal da Cruz Vermella, con información sobre a situación en Ucraína e as accións desenvoltas pola organización. Tamén recibirán información sobre atención psicolóxica e psicosocial en adultos e menores así como claves e recursos de interese durante o proceso de acollida.

O programa segue aberto para todas aquelas familias que queiran colaborar. Para comezar o proceso cómpre cubrir o formulario de inscrición, dispoñible na web da OMAPU, aceptando o cumplimento das cláusulas de participación no programa. O formulario pode consultarse na seguinte ligazón: www.coruna.gal/web/es/omapu/formulario-de-inscripcion-a-la-bolsa-de-familias-acogedoras.

Continúan abertas as inscricións co dorsal 0 na Carreira Solidaria "Coruña C10"

Este ano, o Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo dedicarán a carreira solidaria "Coruña C10" ao pobo ucraíno, destinando todos os fondos recaudados á asociación AGA-Ucraína co obxectivo de dotar os hospitais ucraínos do material necesario para atender as persoas feridas pola guerra. A carreira celebrarase o vindeiro domingo 24 de abril ás 10.00 h, con saída dende o Parrote, e contará coa participación dun atleta olímpico. Javier Guerra, triplo campión de España na modalidade de maratón, participou nos Xogos Olímpicos de Tokio tras o ouro acadado en Sevilla no ano 2020. 

Para esta acción solidaria creouse o dorsal 0, tamén chamado dorsal solidario, ademais da programación dunha sesión de zumba aberta a toda a cidadanía. Poderán participar nela as persoas inscritas na carreira, que mercaron o dorsal 0 ou quen se achegue ata o recinto este domingo. Será no Parrote a partir das 12.15 horas o mesmo día da carreira.

A cidadanía poderá realizar tamén as súas achegas económicas, tanto a través da páxina web habilitada pola Federación Galega de Atletismo como de forma presencial, nunha urna que estará colocada no Parrote.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión