Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

3 de octubre de 2022

En paralelo, e desde este martes 4 de outubro, a Casa Museo Casares Quiroga abre as súas portas a unha exposición sobre a memoria dos refuxiados españois en Francia, entre os anos 1936-39

O Concello da Coruña organiza un ciclo de coloquios que evoca o labor solidario de María Casares nos anos da Guerra Civil

‘Acollidas: Conversas na casa de María Casares’, comeza este xoves e contará cun total de catro sesións, todas elas con entrada libre

A Casa Museo Casares Quiroga abrirá as súas portas este xoves, 6 de outubro, ao ciclo de coloquios 'Acollidas: Conversas na casa de María Casares', unha iniciativa promovida polo Concello dentro da programación de actividades polo Ano Internacional María Casares, e que pon en valor o carácter solidario da actriz e o seu labor de acollida, no seu exilio en París, coa recepción de refuxiados da Guerra Civil española e tamén aos xudeus que fuxiron na II Segunda Guerra Mundial, durante a ocupación nazi.

O ciclo 'Acollidas: Conversas na casa de María Casares', disposto en catro quendas de acceso libre á cidadanía ata completar capacidade, levarase a cabo os días 6, 13, 20  e 27 de outubro. As conversas, ideadas como un híbrido entre recreacións teatrais e un formato de entrevistas conducidas e dirixidas pola xornalista Loreto Silvoso, achegarán ás persoas asistentes á realidade actual das persoas que, por motivos políticos, relixiosos ou de xénero, solicitan asilo ou refuxio lonxe do seu país de orixe.

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación Cidadá, Yoya Neira, subliñou hoxe que "estas conversas, que recrean e recoñecen un dos compromisos vitais de María Casares, serven tamén como chamada nas nosas conciencias sobre a realidade das persoas que teñen que abandoar os seus fogares, as súas familias e os seus países por distintos motivos, e que veñen a esta cidade para tentar refacer as súas vidas".

Neste sentido, as entrevistas contarán coa participación de catro persoas refuxiadas que residen actualmente na Coruña, grazas á colaboración entre o Concello e a oenegué Accem, especializada en refuxio e migracións. Ademais, e co obxectivo de propiciar conversas de tipoloxía multidisciplinar, convidouse tamén a persoas vencelladas á figura de María Casares e que son coñecedoras da súa traxectoria persoal e profesional.

O calendario e horarios das conversas é o seguinte:

  • 6 de outubro (19.00 horas): Con Taher Abushagur (Líbano) e o dramaturgo Ernesto Is, autor da obra 'Despois das ondas', monólogo dramático arredor da vida de María Casares.
  • 13 de outubro (19.00 horas): Con Ángela Gross (Rusia) e Sabela Hermida, actriz e autora do libro 'María Casares fronte ao espello", así como da tese de doutoramento 'Desarrollo artístico de María Casares dentro del marco existencialista francés'.
  • 20 de outubro (19.00 horas): Con Anas Jaber (Palestina) e Miguel Anxo Fernán Vello, poeta, dramaturgo e o derradeiro contacto de María Casares na cidade.
  • 27 de outubro (19.00 horas): Con Maryna Oksanova (Ucraína) e Nerea Brey, actriz que interpreta a María Casares na obra teatral 'Despois das ondas' e na peza de teatro en movemento 'Reflexos de María', creada para a Casa Museo Casares Quiroga. 

En paralelo ás conversas, e desde este martes 4, a sala de mostras da Casa Museo Casares Quiroga acollerá tamén a exposición '36/39. Refuxiados españois en Francia - Unha exposición da Alianza Francesa', inaugurada no ano 2009 no país galo e que recolle a memoria e testemuña dos refuxiados españois no departamento francés de L'Isère durante os anos da Guerra Civil, rescatando o seu periplo e padecementos lonxe da súa terra.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión