Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de febreiro de 2023

O proxecto VINTE, desenvolto pola compañía Os Náufragos Teatro, conmemora o 20º aniversario da inauguración da Casa Museo Picasso

O Concello desenvolve este venres 3 as primeiras visitas teatralizadas e rutas para lembrar a estadía do xove Picasso na Coruña

As actividades darán comezo ás 17.30 horas nas inmediacións do Teatro Rosalía de Castro e rematarán na que fora vivenda familiar de Picasso

O Concello da Coruña desenvolverá este venres as primeiras rutas e visitas teatralizadas para recordar a estadía na nosa cidade de Pablo Ruíz Picasso. A iniciativa, englobada no denominado proxecto VINTE, enmárcase dentro da programación do Ano Picasso.

Desenvolto pola compañía teatral coruñesa Os Náufragos Teatro, o proxecto VINTE propón recuperar para a cidadanía coruñesa a memoria do territorio habitado polo pequeno Picasso durante a súa estadía na Coruña, intervindo por medio das artes escénicas os principais espazos que marcaron a súa vida na nosa cidade. Ademáis, permite conmemorar o 20º aniversario da inauguración da Casa Museo Picasso da Coruña, que tivo lugar o pasado 18 de decembro.

O proxecto VINTE parte da idea de que o maior tesouro picassiano que A Coruña posúe é inmaterial. Está constituído polos espazos que o pequeno Pablo Picasso habitou na nosa cidade durante un curto e intenso período de tempo (entre os anos 1891 e 1895) e que o marcarían para sempre.

Partindo desta base, o proxecto desenvolverá as súas actividades escénicas o próximo 3 de febreiro nalgúns dos máis importantes enclaves relacionados co Picasso coruñés, centrando o protagonismo na que foi, precisamente, a vivenda familiar dos Ruiz Picasso na Coruña: a que actualmente é a Casa Museo Picasso.

Varias accións teatrais, unha peza con elementos musicais e visuais e un percorrido teatralizado pola cidade serán os eixos de acción desta proposta cultural participativa, coa que se pretende construír unha realidade ficcionada do paso do pequeno Pablo Ruiz Picasso pola Coruña e achegar á cidadanía coruñesa unha nova lectura deste aínda pouco coñecido territorio picassiano coruñés.

Como inscribirse nas actividades

As actividades comezarán o venres 3 de febreiro ás 17.30 horas nas proximidades do Teatro Rosalía de Castro (Rúa Rego de Auga, 15), empezando precisamente cunha ruta polos puntos da cidade relacionados con Picasso que terá, como última parada, a propia Casa Museo, na que se desenvolverán o resto de actividades escénicas, repartidas polos distintos andares do edificio.

Para poder participar na visita á Casa Museo Picasso pódese levar a cabo a inscrición a través do correo electrónico osnaufragosteatro@gmail.com, ou enviando unha mensaxe directa en Instagram á conta @osnaufragosteatro.

Tanto a ruta como as visitas teatralizadas na Casa Museo Picasso repetiranse ao longo deste ano de celebracións relacionadas co pintor, de tal maneira que o 8 de abril, día do 50 cabodano da súa morte, e o 20 de maio, coincidindo co Día Internacional dos Museos, volverán a desenvolverse a cargo dos integrantes de Os Náufragos Teatro.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión