Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de novembro de 2021

O Concello destina 350.000 euros á posta en marcha de 36 proxectos de inclusión social a través do deporte e a cultura

A alcaldesa Inés Rey destaca que permitirán seguir construíndo unha Coruña más inclusiva e igualitaria

O Concello da Coruña, a través da Fundación Emalcsa, asinou hoxe convenios de colaboración con entidades sociais e culturais para a posta en marcha de 36 proxectos sociais que favorecerán a inclusión social a través de iniciativas culturais e deportivas. En palabras da alcaldesa, Inés Rey, "permitirán continuar a construción dunha Coruña más inclusiva e igualitaria".

Ambas convocatorias Deporte Solidario e Inclusivo que chega á súa oitava edición e Cultura accesible e inclusiva que cumpre seis anos contribúen ao desenvolvemento de iniciativas sociais en beneficio da cohesión social da cidade.

O programa Deporte Solidario e Inclusivo, promovido pola Fundación Emalcsa, destina axudas para a promoción da igualdade de oportunidades, a integración social e o fomento de hábitos de vida saudables a través do deporte. Con esta oitava convocatoria, a alcaldesa Inés Rey destacou que "o Concello reafirma o seu compromiso coa comunidade deportiva da cidade, achegando recursos para a continuidade do seu labor social e contribuíndo, ademais, á súa recuperación tralas consecuencias derivadas de crise sociosanitaria".

Nesta convocatoria destínanse un total de 250.000 euros a proxectos con base deportiva enfocados na integración de colectivos vulnerables. Desta forma, a achega total da Fundación Emalcsa, desde a creación do programa de axudas Deporte Solidario e Inclusivo en 2013, alcanza os 2 millóns de euros; contando coa colaboración de Gadisa, como patrocinador do programa desde o ano 2017.  

Inés Rey destacou que "os 20 proxectos seleccionados nesta convocatoria impactarán de forma directa en máis de 3.800 persoas, que participarán durante os próximos meses en numerosas actividades de carácter deportivo".

Gran parte dos proxectos seleccionados incorporan ademais a oferta de prazas de carácter gratuíto nas escolas, campamentos e demais actividades habituais dos clubs, dirixidas principalmente a menores en situación de exclusión económica. Un total de 388 prazas que serán xestionadas polo persoal de Servizos Sociais Municipais.

Convocatoria 'Cultura accesible e Inclusiva'

O Concello tamén reafirma hoxe a súa aposta polo acceso á educación e desenvolvemento artístico e cultural a través da 6ª edición do programa de Cultura Accesible e Inclusiva.

Todas as iniciativas seleccionadas nesta convocatoria comparten a vocación de traballar pola inclusión de colectivos discriminados socialmente por motivo de discapacidade ou baixos recursos económicos, ofrecéndolles espazos culturais seguros e os medios necesarios para mellorar o seu benestar e desenvolvemento persoal.

A alcaldesa puxo este programa como exemplo de "como a alianza entre entidades públicas e privadas fortalece a cohesión social e promove a participación cidadá na contorna local". A rexedora destacou a contribución da Fundación María José Jove e Vegalsa como mostra da relevancia da colaboración entre institucións para impulsar proxectos tan significativos como os seleccionados nesta edición.  

Este ano serán dezaseis os proxectos sociais de entidades culturais da cidade que se porán en marcha por entidades e que poñen a disposición máis de 900 mil euros de orzamento global anual e manteñen activas aproximadamente a 2.200 persoas entre as que se atopan as voluntarias, voluntarios e colaboradores das entidades.

O eixe central sobre o que se desenvolverán os proxectos é o pulo da cultura como instrumento transformador, centrando a atención cara aos colectivos máis vulnerables.

                                                                                    

Proxectos deportivos seleccionados

ENTIDADE DEPORTIVA

PROXECTO

CLUB HALTEROFILIA CORUÑA

A halterofilia como medio de inclusión e intervención social para a integración e igualdade de xénero.

5 CORUÑA FUTBOL SALA

5C Suma.

CLUB ESCOLA DE TENIS MARINEDA

'Todos ao tenis e ao pádel': Torneos e actividades de tenis, pádel e multideportivas para persoas con discapacidade e promoción do deporte inclusivo.

REAL CLUB NÁUTICO

Escola de vela adaptada e inclusión social.

REAL SOCIEDADE DEPORTIVA HÍPICA

Proxecto de Hipoterapia e fomento da integración feminina no deporte de raqueta (tenis de mesa, pádel e tenis).

CLUB ESGRIMA CORUÑA

Esgrima Inclúe VIII.

ZALAETA 100TOLOS

Integratlón: 100tolos pola integración.

SOCIEDADE DEPORTIVA AS XUBIAS

Piragüismo para todos.

CLUB MARÍTIMO DE OZA "O PUNTAL"

Lobos de Mar.

ATHLETIC CORUÑA HÓCKEY CLUB

Hóckey inclusivo para discapacitados intelectuais e persoas con risco de exclusión social, deporte feminino de competicións nacionais e fomento do hóckey base coruñés.

ORILLAMAR SOCIEDADE DEPORTIVA

O Abeiro Orillamar Solidario.

CLUB NATACIÓN CORUÑA

Deporte inclusivo a través das actividades acuáticas.

CLUB MARISTAS

Xuntos construímos.

CLUB DE PELOTA

'Deporte solidario e inclusivo. Actividade de pelota' y 'Deporte para persoas e familias afectadas polo cancro. Iniciación ao frontenis'.

ASOCIACIÓN DEPORTIVA Y CULTURAL ALQUIMIA INLINE

P-A-T-I-N-A-R = Poderoso Acercamento Total e Inclusivo de Amizades Rodadas.

CLUB HERCULES XTRM

Hércules multiplica "Piscina Adaptada".

EIRIS S.D.

"Fútbol Social e Infancia, 2ª Tempada" e "Fútbol Sala pola Igualdade".

CLUB TORRE SOCIEDADE DEPORTIVA

Proxecto social do club Torre de deporte adaptado e inclusivo.

AGRUPACIÓN DE MONTAÑEIROS INDEPENDENTES

Camiña-Escala-Oriéntate-CEO.

SPORTING CLUB CASINO

Programa de enfermos de cancro/familiares e integración de discapacitados intelectuais en medios acuáticos.

Proxectos culturais seleccionados

ENTIDAD CULTURAL

TÍTULO PROYECTO

DEMUSICADE

VI ProXecto Demusicade +accesible +inclusiva.

ASOCIACIÓN XUVENIL ATLÁNTICA AXA

Cultura Atlántica.

ASOCIACIÓN PARTICIPA PARA A INCLUSIÓN SOCIAL

360 grados graffiti inclusivo. Programa de participación cultural interxeracional.

ASOCIACIÓN AMIGOS DO MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA

Un museo en movemento, os segredos que agochan as obras.

ASOCIACIÓN CULTURAL ZALAETA

Deseño e son.

NEGUS

DJ inclusivo.

ASOCIACIÓN TRES POR CATRO

MIP. Mantras das emociones 2022.

ESE8

XPRESA -Obradoiro cinematográfico de inclusión social.

ASOCIACIÓN POTEN100MOS

Banda/orquesta Diversidarte.

ASOC CULTURAL PARA A INTEGRACIÓN SOCIAL DIVERSOS

Mocidade en acción/A escola, un museo. Proxecto artístico educativo.

SOCIEDADE FILATÉLICA

A Coruña de todos. Con cultura accesible e inclusiva.

ASOCIACIÓN CULTURAL AÏS

A proxección sonora.Escoitas na contorna do vídeo e a música electrónica.

ATEMPO

CAPAZ.

VIRAVENTOS

Teatro social pola diversidade.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión