Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de xaneiro de 2020

O Concello e a rede Atlantic Cities valoran novas oportunidades de cooperación entre A Coruña e o Arco Atlántico

A asociación europea Atlantic Cities, da que forma parte o Concello da Coruña, representa as cidades atlánticas membros desta rede e apoia o seu desenvolvemento común creando proxectos conxuntos

Esta mañá tivo lugar no Pazo de María Pita unha reunión entre a alcaldesa, Inés Rey, o voceiro do Goberno local, José Manuel Lage Tuñas, os edís Juan Díaz Villoslada, Esther Fontán, Eva Martínez e Yoya Neira, e a secretaria xeral de Atlantic Cities, Tamara Espiñeira, para abordar diferentes aspectos que facilitan a cooperación transantlántica entre A Coruña e as cidades membros desta plataforma, que desde o ano 2000 é a única rede de cidades no Arco Atlántico.

Atlantic Cities é unha asociación europea de carácter transnacional que representa os intereses e as iniciativas das autoridades locais (cidades, mancomunidades urbanas, deputacións...) ao longo do Arco Atlántico, que o conforman Irlanda, Oeste de Reino Unido, Oeste de Francia, Norte de España, Illas Canarias e Portugal. A súa misión é representar as cidades atlánticas e apoiar o seu desenvolvemento común e "xestionar o interese público  trasladándolles os seus problemas e necesidades aos estados e mais creando proxectos entre as cidades", asegura Espiñeira.

O obxectivo deste encontro é analizar o rol das cidades en Europa e atopar un punto de encontro entre a rede e a cidade "nun momento de transición para a Unión Europea, posto que os fondos e as políticas van cambiar moito no 2021, e para a propia rede, que cumpre 20 anos", dixo a secretaria xeral de Atlantic Cities, quen tamén explicou: "Fixaranse prioridades para os vindeiros 20 anos, entre as que se baralla que o mar sexa unha das principais".

Pódese consultar máis información sobre a Rede Atlantic Cities na súa web: https://atlanticcities.eu/

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión