31 de xullo de 2024
Haberá saídas centralizadas en Porta Real a partir das 23.30 horas
Como é habitual, o Concello activará desde este xoves 1 de agosto un dispositivo especial de mobilidade de cara ás Festas de María Pita. Un servizo que entrará que implicará un reforzo nas liñas de autobús operativas á finalización dos concertos. O obxectivo e favorecer o desprazamento dos cidadáns aos concertos que se celebrarán na praza de María Pita desde mañá.
Este dispositivo, con saídas centralizadas desde Porta Real, estará habilitado os días de concertos de Noites en María Pita, entre o 1 e o 14 de agosto, sempre a partir das 23.30 horas agás o martes 6, cando se disporá dito reforzo a partir das 1.30 horas, á conclusión do evento 'Locos Coruña'. As liñas nas que está previsto un reforzo do servizo son as seguintes:
Ademais, todos os días, e xa a partir das 1.30 horas, estará en funcionamento o servizo nocturno de autobús no sentido de circulación habitual: Labañou - Rolda de Outeiro - O Birloque - Novo Mesoiro.
MAPA Dispositivo especial de transporte urbano polas Festas de María Pita 2024 (726 KB)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible