Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de xaneiro de 2023

O Concello incrementa os voos entre A Coruña e Madrid na temporada de verán para fomentar o turismo

A alcaldesa, Inés Rey, asinou un acordo coa compañía Iberia para que haxa ata 31 frecuencias semanais a partir de abril

A alcaldesa, Inés Rey, anunciou en Fitur o incremento do número de frecuencias dos voos entre A Coruña e Madrid para fomentar o turismo durante este 2023. Grazas a un acordo coa compañía Iberia, a partir do 25 de marzo haberá un maior número de voos semanais que no verán de 2019. En concreto, programáronse de abril a outubro deste ano unha media de 30 voos semanais, chegando a 31 frecuencias á semana nos meses de xuño, xullo e setembro. Isto supón hasta un total de seis voos diarios, que cubren todas as franxas horarias. O acordo tamén inclúe diferentes accións para promocionar a cidade como destino turístico. Inés Rey lembrou que neste 2023, por primeira vez na súa historia, A Coruña disporá de cinco conexións internacionais: Londres, París, Milán, Xenebra e Amsterdam.

Por outra banda, o Concello, a través do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, acordaron xunto a Renfe colaborar na promoción da cidade e promocionar o tren como medio de transporte. Renfe aplicará un desconto do 10% nos billetes ás persoas que asistan a eventos e congresos organizados polo Consorcio de Turismo. Ademais, promocionarase A Coruña como destino turístico a través de diferentes canles de comunicación comercial de Renfe.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión