Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de agosto de 2022

A preinscrición nas novas actividades comezará o vindeiro luns 5 de setembro, a través da web coruna.gal/deportes

O Concello oferta 2.181 prazas nas Escolas Deportivas Municipais

Entre a oferta atópanse cursos adaptados para persoas con mobilidade reducida, como tenis ou baloncesto en cadeira

O Concello da Coruña, a través da concellaría de Deportes, oferta 2.181 prazas para actividades da rede de Escolas Deportivas Municipais (EDM) neste curso 2022-2023, das que 580 son para escolas de nova creación. Ás actividades xa existentes súmanse outras 15 novas, ampliando a oferta deportiva para todos os públicos e avanzando no obxectivo do Goberno de Inés Rey de situar A Coruña como unha cidade de referencia no ámbito deportivo e de vida saudable.

Entre as actividades que se suman ás EDM atópanse tenis de mesa e bádminton no Club do Mar de San Amaro, tiro con arco e natación artística no Casino, ou triatlón, waterpolo e bujutsu en Riazor. Todas as actividades se organizan en cinco grupos de idade desde os seis anos ata máis de sesenta (6-8; 9-11; 12-17; máis de 18 e máis de 60). Hai actividades dirixidas a un público específico como poden ser flexibilidade, que se impartirá en Riazor e será para máis de 60 anos; e tonificación con máquinas ou zumba, dirixidas a máis de 18. O obxectivo desde a Concellería de Deportes, que dirixe Mónica Martínez, é o de ofertar actividades para todos os públicos e todas as idades.

Ademais, entre as escolas deportivas de nova creación figuran cinco actividades adaptadas a persoas en situación de discapacidade: tenis en cadeira, baloncesto en cadeira, tenis de mesa, natación e bádminton. Deste xeito, o Goberno de Inés Rey continúa ampliando o seu compromiso co deporte inclusivo, logo da celebración da primeira edición de 'Runki, a carreira dos superheroes', este mesmo ano, un proxecto pioneiro no deporte.

Coas novas incorporacións, a oferta de actividades deportivas municipais pasa a sumar un total de 6.669 prazas, das que 4.802 pertencen a Escolas Deportivas Municipais. O prazo de preinscrición comeza o vindeiro 5 de setembro e remata o día 11 e pode realizarse a través da web www.coruna.gal/deportes. O curso das Escolas Deportivas Municipais comeza o vindeiro 3 de outubro.

Á marxe desta oferta, abrirase a inscrición para cursos de carácter mensual ou trimestral que se desenvolverán na piscina do Club do Mar de San Amaro. As prazas dispoñibles para estes cursos son 532, con actividades como natación de 0 a 2 anos e de 3 a 5, aquagym e natación prenatal. Máis información na web clubdelmardesanamaro.com.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión