Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de outubro de 2026

O Concello organiza a actividade de divulgación científica «Viaxe ao centro do Aquarium»

A actividade se celebrará o próximo 10 de outubro, e as inscricións estarán abertas a partir do luns, 5 de outubro

O Concello organiza no Aquarium Finisterrae a actividade «Viaxe ao centro do Aquarium», que terá lugar o sábado 10 de outubro de 11.30 a 13.30 horas, co obxectivo de achegarlle a ciencia á cidadanía e mostrar os espazos técnicos e os procesos que fan posible o funcionamento do acuario coruñés, seguindo a liña marcada polo Goberno de Inés Rey para poñer en valor este punto fundamental para a divulgación na cidade. 

"Desde o Concello temos moi claro que é unha tarefa fundamental potenciar as actividades e os servizos do Aquarium Finisterrae, que leva décadas sendo un lugar de crecemento e divulgación para os coruñeses e coruñesas de todas as idades", apuntou o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, quen recordou que a educación científica para todas as idades é unha das liñas de actuación fixadas por Inés Rey no ámbito cultural da cidade. 

A actividade de divulgación científica e educación medioambiental está dirixida a maiores de 16 anos, e dispón dunha capacidade máxima de 12 participantes. O prezo da entrada é de 10 euros, agás para os membros de a Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, para os titulares da Tarxeta Vente e para persoas con discapacidade, que é gratis. As entradas estarán dispoñibles a partir do luns 5 de outubro ás 10.00 a través da seguinte ligazón: https://ticketing.coruna.gal/mc2/trastiendaaf/

Durante a visita, o persoal técnico do centro guiará as persoas participantes polas zonas de bombeo, filtración, laboratorio, cociña, corentenas e a sala de cultivos auxiliares. Os asistentes poderán observar os recursos e sistemas que se empregan para manter en condicións óptimas os millóns de litros de auga mariña que circulan cada día polos tanques e formular as súas preguntas sobre a conservación da biodiversidade mariña.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión