Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

27 de junio de 2022

O Concello presenta unha programación do Orgullo composta de coloquios, actos culturais e eventos reivindicativos

‘Coa cabeza ben alta’ é o lema das festas deste ano, que se celebran sen limitacións de capacidade e coa Fundación Luís Seoane como sede principal

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, presentou este luns as actividades organizadas polo Concello con motivo do Orgullo 2022. "O lema deste ano, 'Coa cabeza ben alta', aposta por unhas festas máis orgullosas que nunca, que non só defenden a visibilidade da comunidade LGTBIQ+ senón que a celebran, e nas que por fin podemos facelo xuntos e sen restricións de capacidade", subliñou Neira.

As actividades organizadas polo Concello, ás que se suman os espectáculos incluídos no programa do festival Atlantic Pride, comezarán o sábado día 2 de xullo ás 12.00 horas cun debate sobre Deporte e Diversidade na Fundación Luís Seoane no que participará Víctor Gutiérrez, xogador da selección nacional de waterpolo e activista. No debate, moderado pola xornalista Barbara G. Vilariño, participarán tamén David Guerrero, presidente da asociación Deporte e Diversidade; a árbitra de baloncesto Sara Peláez; Selene Buendía, presidenta de Coruña Roller Derby e a escritora Ana Pastor.

Pola tarde haberá unha xornada aberta de Roller Derby e este primeiro día de actividades finalizará coa Bollo's Party na Fundación Luís Seoane, que comezará ás 20.00 horas e contará coas actuacións de Irantzu Varela e Kris Dj.

A Fundación Luís Seoane acollerá tamén a partir do luns 4 de xullo, a exposición 'Confeti!', do ilustrador e artista gráfico Sito Recuero, que poderá visitarse ata o 30 de setembro. A inauguración será ás 20.00 horas coa actuación do grupo Agogo´s.

En resumo, destacou Neira, "trátase dunha programación que combina a festa, a sensibilización a través das artes e o activismo e que demostra que Coruña está máis orgullosa que nunca de ser unha cidade aberta que apoia e protexe a diversidade dos seus veciños e quen a visita".

Cine, exposicións e obradoiros

O ciclo 'Cinema con Orgullo' comezará o martes 12 de xullo na Fundación Luís Seoane coa proxección, ás 22.00 horas, da película 'Juana la Lorca'. Na mesma sede e co mesmo horario están programados os filmes' Lemebe'l e 'Queen of Lapa' os días 14 e 19 de xullo. O ciclo pecharase coa proxección ao aire libre, no Campo da Leña, da película 'Dolores, guapa!' o xoves 21 de xullo.

Os días 11 e 13 de xullo no Espazo Diverso do Centro Cívico da Cidade Vella haberá dous obradoiros de creación de banda deseñada, impartidos por Roi Pardo, centrados na diversidade sexual. O sábado 16, de 10.00 a 14.00 horas celebrarase na praza de Lugo a Feira de Asociacións LGTBIQ+, na que as entidades da cidade que participan na programación contarán cun espazo no que que difundir o seu traballo, facilitar información e crear sinerxías co resto de entidades e a cidadanía. Ás 13.00 horas haberá unha actuación do Coro Cantabile.

A todas estas actividades súmanse os espectáculos e eventos programados polo festival Atantic Pride que transcorrerán do 3 ao 10 de xullo e que comezan coa gran festa flamenca deste domingo na que actuará Soleá Morente.

Documentos:

Programación completa (4 MB)

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión