Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de agosto de 2025

O Concello realiza un seguimento diario da chegada de medusas nas praias urbanas da Coruña

Lémbrase aos bañistas que deben estar atentos ás indicacións dos servizos de socorrismo, que alertan de posibles riscos por megafonía e co izado de bandeiras

As concellarías de Medio Ambiente e de Seguridade Cidadá colaboran estes días de forma permanente para manter informada á cidadanía da presenza de medusas nas praias da Coruña, previr riscos asociados ás picaduras e retirar os animais dos areais. 

Desde Medio Ambiente realízase un seguimento diario da chegada de medusas e outras especies mariñas en todas as praias da cidade co obxectivo de controlar a súa presenza. Os informes que se obteñen deste control trasládanse a Protección Civil para que se poidan tomar as medidas correspondentes no caso de que sexa necesario.

Ata o momento, a presenza de medusas e outros animais mariños nas praias da cidade mantense dentro da normalidade para esta época do ano. Desde o Concello lémbrase aos bañistas que deben estar atentos ás indicacións dos servizos de socorrismo que, tanto por megafonía como co izado das bandeiras, alertan de calquera posible risco.  

A maior parte das medusas que aparecen nas augas das praias coruñesas pertencen á especie Pelagia, sendo máis infrecuente a aparición de Velella e Mesoglea (xelatina deteriorada transparente). Tamén sifonóforos como a Physalia physalis (carabela portuguesa).  

Desde o Concello lémbrase ás persoas usuarias das praias que non se deben tocar os exemplares que aparecen na area e que os servizos municipais encárganse da súa retirada das praias. Cómpre lembrar que en caso de picadura no mar débese acudir de inmediato ao posto de salvamento para recibir atención dos profesionais que alí se atopan.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión