Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de outubro de 2020

O concello súmase á 25.ª Carreira Alternativa para fomentar a diversidade na práctica do deporte

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, presentou esta mañá en María Pita o IX Foro do Deporte para Todos organizado pola Asociación Galega de Xestión Deportiva co apoio do concello, e que forma parte do programa de actividades do evento deportivo

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, acompañada de Eduardo Blanco, presidente de Asociación Galega de Xestión Deportiva, AGAXEDE, presentou esta mañá en María Pita o IX Foro de Deporte Para Todos que se realizará o 24 de outubro, a partir das 09.30 horas no Salón de Actos da Facultade de Ciencias de Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña. Nesta ocasión a temática do foro será o presente e futuro do "Deporte social e cidadán", e contarase cos relatorios de catro profesionais cunha grande experiencia no sector.

O foro, tal e como explicou a concelleira, pretende analizar o deporte social e cidadán e a súa evolución; valorar o papel que xoga o deporte no ocio e no desenvolvemento humano, dar a coñecer situación e as necesidades do deporte inclusivo, e, por último, analizar o deporte como un elemento de cambio do urbanismo actual.

Pola súa parte, Eduardo Blanco explicou que o foro forma parte do programa de actividades postas en marcha para festexar o 25 aniversario da Carreira Alternativa, que este ano por causa da pandemia e para evitar aglomeracións e manter a distancia social arrincou hoxe e prolongarase ata o sábado. Nesta edición cada persoa poderá participar de maneira gratuíta e dispoñerá dun código QR que lle permitirá tomar a saída na franxa horaria asignada pola organización. O deportista Fernando Romay, presente en moitas das edicións desta carreira, estará o venres na Coruña para asistir a este 25 aniversario.

Como en anos anteriores, sinalou Blanco, corremos en defensa do dereito da cidadanía á actividade física e deportiva e, ademais, este ano en conmemoración do "Día Mundial de Protección da Natureza".

O programa contén tamén un concurso de fotografía deportiva que xa está en marcha e cuxas persoas gañadoras se darán a coñecer o vindeiro venres durante a realización do foro. Quedaría pendente unha exposición que mostrará en imaxes os 25 anos da carreira.

Para máis información: https://www.agaxede.org/

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión