Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de marzo de 2020

O concello suspende o cobro do servizo da ORA desde este luns

Con esta determinación, o Goberno local pretende evitar os contaxios de coronavirus nas persoas propietarias de vehículos cando adquiran o ticket e contribuír así a que se cumpran as medidas de confinamento que estableceu o executivo central

A partir deste luns, 16 de marzo, ás 10.00 horas, quedará suspendido o cobro do estacionamento regulado con limitación horaria, a ORA, unha medida que se prolongará ata as 10.00 horas do 27 de marzo, en todo o término municipal. O Goberno local decidiu inhabilitar desde hoxe o servizo para evitar contaxios nas persoas propietarias de vehículos cando adquiran o ticket e contribuír así a que se cumpran as medidas de confinamento que estableceu o executivo central. Logo de sabermos as determinacións tomadas desde Madrid para que a poboación non saia da casa nos próximos 15 días, agás en casos específicos, o Consistorio pretende evitar ao máximo a propagación do virus entre as coruñesas e coruñeses.

Desde o luns poderase ler nos distintos parquímetros repartidos pola cidade un texto que indica que "como medida para a contención da propagación do Covid-19, deíxase sen servizo o regulamento da zona ORA ata novo aviso".

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión