29 de septiembre de 2025
A mellora de equipamentos e o incremento da protección social serán claves no novo documento
O voceiro municipal e concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage, encabezou a representación do Goberno de Inés Rey na primeira reunión das negociacións co grupo municipal do BNG, liderado por Francisco Jorquera, para a elaboración do orzamento do ano 2026. Deste xeito, dáse cumplimento ao acordo marco asinado entre os grupos municipais do PSdeG - PSOE e BNG para a constitución do actual mandato, que fixa no mes de setembro o inicio de ditas negociacións.
José Manuel Lage, que estivo acompañado pola vicevoceira municipal e concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Nereida Canosa, e a directora da área de Alcaldía, Emma Cid, sinalou tras o encontro a "boa disposición de ambas as partes a negociar para facer un orzamento ambicioso e á altura da cidade". "O obxectivo do Goberno de Inés Rey para o 2026 é dinamizar a economía, incrementar a protección social e desenvolver políticas centradas nos barrios, nos que melloraremos equipamentos e a súa accesibilidade para facer unha Coruña con maior cohesión social", indicou o voceiro municipal.
Nese sentido, Lage confirmou que o próximo orzamento reforzará o Plan de Barrios posto en marcha este 2025 e que xa está na súa fase de presentación á cidadanía, con encontros cidadás que esta semana chegarán ao centro cívico de San Diego. "A Coruña é unha cidade que medra, superando xa a barreira dos 250.000 habitantes, e temos o reto de mellorar os espazos públicos a través dun orzamento progresista", indicou Lage.

21 de noviembre de 2025

19 de noviembre de 2025

18 de noviembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible