Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

4 de octubre de 2022

Durante o ano pasado, constatáronse 354 atencións a 201 persoas diferentes a escala galega

O Observatorio Coruñés contra a LGTBIfobia constatou no 2021 un aumento dos asesoramentos escolares en materia de identidade de xénero

O Concello da Coruña é o único de Galicia que apoia, economicamente, a elaboración deste informe anual e de ámbito autonómico que recolle a asociación ALAS

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación Cidadá, Yoya Neira, acompañada por Pablo Zas, técnico da asociación ALAS, presentou hoxe en María Pita o balance anual colleitado polo Observatorio Coruñés contra a LGTBIfobia, un proxecto promovido pola Asociación pola Liberdade Afectiva e Sexual da Coruña (ALAS) co apoio do Concello da Coruña.

Neira destacou "a importancia do traballo que realiza o Observatorio, que serve ao Concello para orientar as súas políticas co fin de conseguir unha cidade cada vez máis máis respectuosa coa realidade LGTBI".

O informe presentado esta mañá, que se corresponde co balance do ano 2021, cifra en 354 as atencións totais recollidas polo Observatorio Coruñés contra a LGTBIfobia, a 201 persoas diferentes, e a escala galega. No referente ás atencións, isto supón un 40 % máis con respecto ao exercicio anterior, e tamén un incremento dun 76 % no número de persoas totais atendidas desde o Observatorio. 

Ademais, e por segundo ano consecutivo, comproubouse que existe practicamente unha igualdade no número de homes e mulleres constatadas como persoas usuarias dos servizos do Observatorio. A maioría delas, de nacionalidade española, aínda que os datos de recollidos ao longo do ano 2021 amosan máis diversidade que en exercicios previos, chegando a sumar ata 15 nacionalidades

Por outra banda, no ano 2021, o Observatorio rexistrou na cidade un total 41 delitos de odio (tipoloxía que abrangue insultos, ataques ao patrimonio, agresións físicas ou verbais e denegación de servizos) sendo 13 os computados no ano 2020. Neste sentido, Yoya Neira subliñou que "o aumento que se reflicte nos datos sobre incidentes de odio está na liña dos presentados este luns polo Ministerio do Interior e ten que ver co aumento das denuncias nun ámbito onde, ata o de agora, houbo demasiado silencio. É importante que se saquen á luz os casos para poder combater estas actitudes de LGTBIfobia e nese aspecto, tal e como sinala tamén o informe, queda moito por facer".

Pablo Zas apuntou, a este respecto, que a pesares de que o proxecto ten un ámbito de actuación autonómico, coa recollida de datos nas catro provincias galegas, "unicamente recibe apoio económico do Concello da Coruña".

Os servizos de atención psicolóxica especializados na comunidade LGTBI

O informe do Observatorio Coruñés contra a LGBTIfobia correspondente ao ano pasado tamén estima que a poboación que maior uso fai dos servizos do observatorio sitúase nas franxas de idade entre os 15 e os 34 anos, principais demandantes dos servizos de atención psicolóxica especializados na comunidade LGBTI.

Ademais, tamén se constatou un incremento, con respecto aos pasados informes, dos asesoramentos educativos centrados, na súa maioría, na resolución de dúbidas por parte do profesorado en materias relacionadas coa aplicación de protocolos vencellados á identidade de xénero ou ao acoso escolar. 

"Hai que destacar como positivo este aumento dos asesoramentos educativos. O Concello está comprometido para que o profesorado conte con ferramentas para desenvolver a súa tarefa e conseguir que os máis novos da nosa cidade poidan desenvolver a súa personalidade de forma plena, incluída, por suposto, a súa opción sexual, teñan información sobre a identidade de xénero e, sobre todo, aprendan a respectar a diversidade sexual erradicando as situacións de acoso a quen se sinta diferente", destacou Yoya Neira.

Neira subliñou, ademais, a importancia do programa Coruña Educa, que ofrece o Concello a través da Concellaría de Igualdade, "dirixido a menores a partir do segundo ano de Secundaria, e no que os contidos sobre a realidade LGTBI son os máis demandados".

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión