Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de xullo de 2020

O Paseo Marítimo xa ten un carril 30 desde a fonte dos Surfistas até As Escravas

No resto das vías mantense o límite de velocidade en 50km/hora.

O concello acaba de habilitar o carril contiguo ao Paseo Marítimo desde a fonte dos Surfistas até As Escravas como carril 30. No resto das vías mantense o límite de velocidade en 50km/hora.

A actuación é similar á levada a cabo na rúa Juan Flórez, onde se reduciu a velocidade no carril dereito e na Avenida da Habana. O Goberno local prosegue desta maneira co Plan Mobilidade Sustentable #Coruñacamiña para acadar unha nova mobilidade que lles dará prioridade ás peoas e peóns, ás bicicletas e ao transporte público e que busca gañar espazos de maior calidade urbana.

Segundo, o edil de Mobilidade, Juan Villoslada, esta actuación ten como obxectivo reducir a velocidade dos coches no centro da cidade e acadar unha maior seguridade para as persoas viandantes e lembrou que o Goberno está a implantar a limitación a 30 quilómetros en toda a cidade de xeito progresivo (excepto nalgunhas rúas nas que se poderá seguir circulando a 50 km/h: Ramón y Cajal, Fernández Latorre, Pérez Ardá até a rolda de Outeiro, Sánchez Bregua, Juana de Vega, Rexedor Somoza e o túnel da praza de Pontevedra). 

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión