Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de maio de 2023

O humorista coruñés exercerá como narrador dun formato no que o público asistente lembrará grandes clásicos musicais interxeracionais, como ‘El tractor amarillo’ e ‘Pandeirada sideral’, de Zapato Veloz

O Teatro Colón acolle este xoves o espectáculo ‘La banda sonora de nuestra risa’, protagonizado por Luis Piedrahita e a Banda Municipal de Música

Os pases para o espectáculo, que terá lugar a partir das 19.30 horas, xa están esgotados

Por segundo ano consecutivo, a Banda Municipal de Música da Coruña (BMMC) achégase ao público a través da programación do Encontro Mundial de Humorismo. Será este xoves 4 de maio, no Teatro Colón, no espectáculo musical 'La banda sonora de nuestra risa', no que a agrupación estará acompañada polo humorista coruñés Luis Piedrahita.

A través desta singular proposta, a Banda, dirixida por Juan Miguel Romero Llopis, e Luis Piedrahita -que exercerá como narrador do concerto- reinterpretarán clásicos musicais interxeracionais, que achegarán aos adultos e pequenos diversas pezas asociadas ao repertorio popular e o mundo da verbena.

Neste sentido, Piedrahita e os profesionais da Banda Municipal levarán a cabo unha viaxe no tempo a clásicos como 'El tractor amarillo' ou a 'Pandeirada sideral', ámbolos dous de Zapato Veloz. Sobre as táboas tamén se interpretarán pezas de Carlos Mejía Godoy, entre outros. Piedrahita será o encargado de disertar sobre cada un dos temas, en formato de sketches humorísticos, e irá acompañado pola interpretación posterior das pezas musicais, xa a cargo da Banda Municipal.

O espectáculo comezará o xoves ás 19.30 horas. Os pases, habilitados hai semanas en forma de invitación de balde a través da páxina web do EMHU, xa están esgotados.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión