Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de xuño de 2022

Recollido un 11% menos de lixo que no San Xoán do 2019

O Concello destaca o aumento da recollida de vidro fóra das praias grazas ao dispositivo de control establecido

O servizo de limpeza do Concello da Coruña recolleu durante o dispositivo de limpeza das praias polas celebracións de San Xoán, segundo un primeiro reconto, un total de 86 toneladas de lixo, das que se estima que un 20% son algas presentes nos areais.

En comparación co último ano antes da pandemia, o 2019, o volume de lixo recollido é un 11% inferior, o que evidencia un maior compromiso da cidadanía para evitar deixar desperdicios nos espazos naturais da cidade. Por outra banda, aumentou a recollida de vidro nos puntos habilitados ao longo do Paseo Marítimo. Este ano contabilizáronse 2.300 quilos máis que no 2019. O Concello destaca o servizo de control de entrada ás praias como un dos motivos deste aumento.

Segundo os datos, foi a noite de San Xoán máis limpa en comparación co resto de anos dos que constan estatísticas. O Goberno municipal de Inés Rey organizou un dispositivo sen precedentes que foi apoiado pola maior concienciación da cidadanía. O Concello agradece a colaboración amosada por todos nesta noite tan emblemática.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión