Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

5 de agosto de 2021

Rey destaca o labor de recuperación realizado pola Asociación da Prensa nos seis anos do seu calendario histórico

A alcaldesa presentou a nova edición que recolle por primeira vez fotografías coloreadas xunto á presidenta do colectivo, Doda Vázquez, e o director da Compañía de Tranvías, José Ignacio Prada

A alcaldesa, Inés Rey, presentou este mediodía o "Calendario Histórico A Coruña 2022", xunto á presidenta da Asociación da Prensa da Coruña (APC), Doda Vázquez, que promove a iniciativa desde hai seis anos, e o director da Compañía de Tranvías, José Ignacio Prada, que a patrocina. A rexedora falou de que este calendario de lembranzas xa se pode considerar unha tradición consolidada. A través das fotografías e dos textos, explicou que a publicación retrata como era A Coruña e como avanzan os seus espazos urbanos, "como se deseñou A Coruña do futuro e como imos pouco a pouco até esa Coruña sostible á que aspiramos". Rey apuntou que por primeira vez aparece a Covid-19 no almanaque, onde o día 16 de marzo se recolle a primeira persoa falecida na cidade polo virus, e destacou que neste obxecto de coleccionista "nos recoñecemos nun presente e descubrimos outras curiosidades como que tal día como hoxe foi inaugurada a praza de María Pita". A alcaldesa destacou o labor de recuperación realizado pola asociación durante estes seis anos co fin de que "non perdamos a memoria, algo tan importante para construírmos xuntos a cidade do futuro".

No acto tamén participaron Alfonso Bartolomé, dono da colección de fotografía Bartolomé-Chavert da que se nutre o calendario; o historiador, Xosé Alfeirán, e o autor Rubén Ventureira. As persoas expertas explicaron como se coloreaban antigamente as imaxes e as curiosidades das doce fotografías elixidas, que datan de principios do século XX, e que se completan cun gravado de finais del XIX de Gerardo Meléndez. A través de códigos QR, poderase acceder co teléfono móbil ás vistas actuais e en 360 grados das zonas que aparecen nas imaxes.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión