Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de xaneiro de 2020

Rey reivindica o labor conxunto das administracións para darlle forza ao sector dixital na Coruña e en Galicia

A alcaldesa, Inés Rey, participou esta tarde en Afundación no congreso A Coruña Dixital Lab, co que deu comezo a programación do XIX Festival Internacional Mundos Dixitais, unha xornada en que se analizou o papel esencial que ten a cidade no ámbito audiovisual

A alcaldesa, Inés Rey, asistiu esta tarde en Afundación xunto coa concelleira de Industria, Eva Martínez, ao minicongreso A Coruña Dixital Lab, o primeiro acto do XIX Festival Internacional Mundos Dixitais en que se abordou o papel que xoga a cidade dentro do mundo audiovisual e que contou coa participación de persoas representantes do sector como Radan de Brano (Antaruxa), Luis Rivero (Urbansimulations), Sergio Prieto (Gato Salvaje) e Borja Pena (Vaca Films).

Na xornada en que tamén estivo presente o reitor da Universidade, Julio Abalde, a rexedora sinalou que o evento, que a punto está de cumprir a vintena, congrega a toda a familia dixital coruñesa para reivindicar o tecido empresarial que "desde o Goberno local relanzaremos a través de iniciativas como a cidade das TIC, para o que queremos contar con vós, con toda esa experiencia que tedes acumulada e cos vosos proxectos, que esperamos que teñan acubillo na fábrica que planeamos". Para Rei, trátase dun labor en conxunto, que debe partir das administracións públicas, do concello e mais da Xunta, e ter como base do caldo ás firmas "capaces de confirmaren a Galicia como territorio punteiro e de crearen novos modelos de negocio atendendo ás demandas do sector".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión