6 de mayo de 2025
Este xoves 8 de maio a mocidade darase cita no Remanso, nunha xuntanza específica para achegar as súas suxestións
Veciños e veciñas de toda a cidade achegáronse ao Centro Cívico para participar das cuestións prioritarias de cara a renovación do servizo de transporte público
O Centro Cívico de Monelos acolleu esta tarde un novo encontro participativo sobre o futuro do autobús urbano da Coruña, o quinto dos 11 encontros organizados polo Goberno de Inés Rey no marco do estudo para a definición da nova rede de autobuses.
A sesión iniciouse coa presentación da alcaldesa quen agradeceu ás persoas asistentes que se achegaran a participar e destacou o distrito 7 como o de maior poboación da Coruña, xunto co que máis liñas e paradas ten.
En total, cerca de medio cento de persoas participaron no encontro celebrado co obxectivo de recoller as cuestións prioritarias de cara ao futuro do servizo de transporte público. A alcaldesa estivo acompañada dos concelleiros e concelleiras José Manuel Lage, Noemí Díaz, Yoya Neira e Diana Sobral.
Ademais, o equipo técnico do estudo do transporte urbano presentou como está a ser o proceso e realizouse unha dinámica participativa na que as persoas asistentes puideron achegar propostas sobre frecuencias, liñas, accesibilidade, conexións intermodais ou cobertura territorial.
Peticións e suxerencias
O distrito 7 conta con aproximadamente 60.748 habitantes articúlase en 18 liñas de autobús urbano (1, 1A, 2, 2A, 4, 5, 12, 12A, 14, 17, 20, 21, 22, 23, 23A, 24, UDC) máis o BUH e cun total de 107 paradas.
A enquisa realizada durante o encontro permitiu identificar cales son os aspectos máis valorados -e tamén os máis criticados- polos usuarios e usuarias do transporte urbano da Coruña. Practicamente o 80% das persoas que asistiron eran do distrito 7 e un 81% fixérono a título persoal. En total, case o 64% das persoas que asistiron dixeron empregar o autobús semanalmente, entre 1 a 5 días.
Como nos anteriores encontros, os prezos foron o elemento mellor valorado, cunha media de 9 puntos e case todas os aspectos foron puntuados por enriba de 5, coa accesibilidade (6,9) como segundo aspecto mellor valorado. Séguenlle as liñas e paradas (5,7), as marquesiñas (5,4) e a frecuencia dos servizos (5.1). A intermodalidade foi o aspecto peor valorado (4,6), así como o único que non acadou a metade da escala.
Neste sentido, a cidadanía identificou como ámbitos prioritarios de mellora a puntualidade e as frecuencias (30%) xunto coa accesibilidade (13%) e a adaptación a eventos masivos (12%).
Próximos encontros
Este xoves, 8 de maio, ás 19.00 horas, terá lugar un encontro específico para a mocidade no Espazo Xuvenil do Remanso. Será o que marcará o ecuador dos encontros, que continuarán a finais de mes no Centro Cívico do Birloque.
O calendario previsto é este:
As persoas interesadas en participar nalgún ou nalgúns dos Encontros de Barrio programados ata mediados de xuño xa poden formalizar a súa inscrición a través desta ligazón. Ademais, toda a información sobre o proceso participativo estará dispoñible nesta web específica.

22 de octubre de 2025

28 de julio de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible