Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de novembro de 2021

Zonas verdes, mellora de parques infantís e superficies deportivas e novos carrís bici centran as 22 propostas gañadoras dos Orzamentos Participativos

A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, destacou a participación dos cidadáns, que por primeira vez puideron votar en urna, para propoñer e escoller investimentos por valor de 2,5 millóns de euros

O Concello da Coruña executará coa aprobación do orzamento do vindeiro ano un total de 22 investimentos propostos e elixidos directamente polos cidadáns. Esta semana pechouse a fase final do programa de Orzamentos Participativos, unha fase á que chegaron 55 propostas que pasaron as fases previas. Un total de 4.552 cidadáns votaron nos distintos procesos ata chegar ao resultado final. Este ano, como novidade, abriuse a posibilidade de votar en urna (ata agora o proceso era unicamente telemático), posibilidade a que se acolleron o 12% dos votantes.

Coa aprobación dos orzamentos do 2022 o Concello destinará 2,5 millóns de euros de investimentos a materializar as propostas achegadas nos Orzamentos Participativos, que apostaron este ano maioritariamente pola ampliación de zonas verdes, melloras en parques infantís e en superficies deportivas e ampliación das plataformas de mobilidade alternativa ao coche.

"Propuxémonos facer a participación máis accesible á cidadanía para que a fenda dixital non impedise ás veciñas e veciños dar a súa opinión, e a votación en urna foi un éxito", indicou a concelleira de Benestar Social, Yoya Neira. "Grazas á gran cantidade de propostas recibidas, o maior número desde que existe o programa, os 22 proxectos gañadores enriquecerán o modelo de cidade que defende Inés Rey", aseverou. Nesta ocasión, o número de propostas presentadas inicialmente polos cidadáns foi de 733, un 21% máis que na anterior edición dos Orzamentos Participativos.

Os cidadáns puideron escoller proxectos a aplicar no ámbito de toda a cidade por valor de un millón de euros. Ademais, escolléronse tamén proxectos por valor de 150.000 euros para cada un dos 10 distritos da cidade, con dous proxectos a maiores para aproveitar os remanentes orzamentarios.

PROPOSTAS GAÑADORAS

No ámbito da cidade:

Proposta Nº votos Importe
Plantación de máis árbores, prantas e flores en toda a cidade 205 250.000 €
Creación de parques infantís cubertos 199 250.000 €
Aseos autolimpables no paseo marítimo 198 150.000 €
Parques infantís adaptados para nenas e nenos con mobilidade reducida en cinco lugares 159 250.000 €
TOTAL 900.000 €

Distrito 1:

Proposta Nº votos Importe
Conectar os carrís bici do Paseo Marítimo e o Cantón Pequeno 173 150.000 €
TOTAL 150.000 €

Distrito 2:

Proposta Nº votos Importe
Prantación de árbores na rúa da Torre 86 35.000 €
Humanización da avenida de Hércules 64 60.000 €
TOTAL 95.000 €

Distrito 3:

Proposta Nº votos Importe
CEIP Labaca: cobertura parcial do patio 122 75.000 €
CEIP Labaca: acondicionamento de aseos 101 60.000 €
TOTAL 135.000 €

Distrito 4: 

Proposta Nº votos Importe
Reforma e ampliación do parque infantil da Sardiñeira (Centro Cívico de Os Mallos) 85 100.000 €
Carril bici en avenida de Arteixo con Ronda de Nelle 78 150.000 €
TOTAL 250.000 €

Distrito 5:

Proposta Nº votos Importe
Instalacións deportivas públicas nos Rosales 83 75.000 €
Zonas verdes no aparcamento do estadio de Riazor 65 50.000 €
TOTAL 125.000 €

Distrito 6: 

Proposta Nº votos Importe
Zonas verdes no Agra Do Orzán 80 150.000 €
TOTAL 150.000 €

Distrito 7:

Proposta Nº votos Importe
Mellora da accesibilidade no CEIP María Pita 132 150.000 €
TOTAL 150.000 €

Distrito 8:

Proposta Nº votos Importe
Reforma exterior da escola infantil municipal Os Cativos 61 90.000 €
TOTAL 90.000 €

Distrito 9:

Proposta Nº votos Importe
Zona polideportiva descuberta na urbanización Breogán 136 75.000 €
Paso ciclista no carril bici Mesoiro-Universidade 37 48.400 €
Carril bici en Novo Mesoiro 91 150.000 €
TOTAL 273.400 €

Distrito 10:

Proposta Nº votos Importe
Paso para mellorar a seguridade dos peóns na avenida de Arteixo 94 85.000 €
Construción de pista de bicicletas Pumptrack 70 53.600 €
Iluminación das pistas deportivas en Alcalde Salorio Suárez 60 7.900 €
TOTAL 146.500 €

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión