Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

9 de agosto de 2022

A pista multideporte da Sagrada Familia, renovada este verán, acolleu unha exhibición de catro xogadores no top-10 nacional do baloncesto 3x3

As instalacións da pista melloráronse recentemente co puído da superficie para acondicionar a zona de xogo e o repintado do peche exterior metálico

A pista multideporte da Sagrada Familia, onde o Concello concretou traballos de mellora e reacondicionamento das instalacións a finais de xullo, acolleu hoxe o acto de recepción a Carlos Martínez, José Blázquez, José Santonja e Ion Galarza, catro deportistas integrados no top-10 nacional da disciplina do baloncesto 3x3.

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, acompañada pola concelleira de Comercio, Mercados e Barrios, Diana Sobral Cabanas, recibiu na Sagrada Familia aos catro deportistas, integrantes do equipo Onil 3x3 e puxo en valor a súa traxectoria. Carlos Martínez, coruñés, é o número un do ranking nacional da Federación Internacional de Baloncesto (FIBA) na modalidade 3x3, e representou á Selección Española en categoría absoluta nesta disciplina, ao igual que José Blázquez. Pola súa banda, José Santonja e Ion Galarza xa foron convocados a unha preselección do combinado nacional absoluto.

Neste sentido, as nenas e nenos pertencentes aos campamentos deportivos municipais puideron gozar coa exhibición de Martínez, Blázquez, Santonja e Galarza, que amosaron as súas habilidades nas zonas de baloncesto 3x3 recentemente habilitadas na pista multideporte do barrio. Mónica Martínez subliñou o compromiso do Goberno municipal de Inés Rey "para potenciar e mellorar as infraestruturas deportivas da cidade", achegando tamén aos máis pequenos "a unha disciplina deportiva en auxe que, ademais, contribúe a fomentar hábitos saudables e valores como o traballo en equipo".

A renovación da pista multideporte da Sagrada Familia

A finais de xullo, o Concello completou os traballos de mellora en tres pistas multideporte do termo municipal, Mazaído (Bens), praza da Tolerancia (Labañou) e Sagrada Familia, co fin de acondicionar as instalacións deportivas para as persoas usuarias. 

No caso da pista multideporte do barrio da Sagrada Familia executáronse traballos de puído da superficie para acondicionar a zona de xogo e de repintado do peche exterior metálico. Ademais, pintáronse unha pista de fútbol sala e catro zonas de baloncesto 3x3, así como a zona de bancadas e muros, despois dunha limpeza integral do espazo. As mesas de xogo e canastras resituáronse de acordo cos traballos de pintura realizados, reconfigurando o espazo deportivo para unha mellora na actividade das persoas usuarias.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión