Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de maio de 2022

Conta atrás para a celebración do Gran Premio de Marcha Cantóns da Coruña, no que participarán os mellores marchadores mundiais do momento

Máis de 120 atletas xa confirmaron a súa asistencia á proba, que terá lugar o vindeiro día 28 de maio. A inscrición continúa aberta

Menos dun mes é o que resta para que dea comezo o máximo referente mundial da marcha en ruta do calendario da World Athletics

O Gran Premio de Marcha Cantóns da Coruña 'Trofeo Sergio Vázquez' chega este 28 de maio a súa trixésimo quinta edición. No trazado coruñés decidirase un importante número de prazas para as grandes citas atléticas deste ano, como son o Campionato do Mundo de Eugene nos Estados Unidos, a mediados de xullo, e o Campionato de Europa, que terá lugar un mes despois, na cidade alemana de Múnich. 

Ata o momento está confirmada a asistencia dun total de 121 marchadores á cita nos Cantóns, aínda que se agarda a presenza dun maior número de participantes, xa que a inscrición de cara á proba continúa aberta. 

Entre os participantes hai atletas en representación de 29 países, á cabeza dos que se sitúan, tras España, as delegacións de Ecuador, Australia, Colombia, China, Italia, Guatemala, Gran Bretaña, Portugal, Irlanda, Alemaña, Brasil, Perú e os Estados Unidos. Haberá, ademais, representantes de Costa Rica, Porto Rico, Francia, México, Arxentina, Eslovaquia, Turquía, Exipto, Romanía, Canadá, Honduras, Kazajstán, India e Ucraína. 

Como ven sendo habitual, na cidade da Coruña estarán os mellores marchadores mundiais do momento. Entre os confirmados, a día de hoxe, destaca a presenza do medallista olímpico canadense Evan Dunfee, bronce en Tokyo 2020 sobre os 50 km., e a da colombiana Sandra Lorena Arenas, subcampioa olímpica. Por parte de España, serán os vixentes campións de Europa dos 20 km., María Pérez e Alvaro Martín, os que encabezarán a relación dun importante grupo de atletas entre os que tamén estará o gañador da pasada edición , Diego García. 

No tocante á presenza galega na proba, serán Carmen Escariz e os irmáns Daniel e Antía Chamosa, todos eles internacionais, os que tomarán parte nesta gran cita.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión