Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de novembro de 2020

Edar Bens, Naturgy e Energy Lab amplían a Unidade Mixta de Gas Renovable até 2023

A alcaldesa, Inés Rey, sinalou que “a Unidade Mixta é unha clara aposta de Edar Bens, Naturgy e EnergyLab para o uso de recursos enerxéticos máis respetuosos co medio ambiente, sentando así as bases cara a transición enerxética, e con unha firme vocación de dar resposta ás preocupacións asociadas a problemas tan actuais como son o cambio climático e o deterioro medioambiental”

O proxecto de investigación Unidade Mixta de Gas Renovable, financiado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) e desenvolto por Naturgy Energy Group, Energy Lab e Edar Bens, continúa o seu labor de I+D+i despois de recibir financiación adicional para a súa consolidación e para o lanzamento de novas liñas de desenvolvemento.

A alcaldesa da cidade e presidenta da Edar Bens, Inés Rey, sinalou que "a Unidade Mixta é unha clara aposta de Edar Bens, Naturgy e EnergyLab para o uso de recursos enerxéticos máis respetuosos co medio ambiente, sentando así as bases cara a transición enerxética, e con unha firme vocación de dar resposta ás preocupacións asociadas a problemas tan actuais como son o cambio climático e o deterioro medioambiental".

Nesta nova fase completarase o traballo realizado ata agora na Unidade Mixta de investigación do biogás e o biometano, que conseguiu resultados notables como a posta en marcha na depuradora de Bens dunha planta de purificación baseada en membranas e da primeira planta de metanación biolóxica en España. O biometano xerado nestes proxectos piloto xa se está usando como combustible alternativo na frota de furgonetas de Edar Bens e nun autobús metropolitano adaptado.

Ademais, nesta nova terceira fase, que durará até 2003 e que conta cun orzamento superior aos 2 millóns de euros, vaise apostar pola investigación doutros gases renovables como o hidróxeno verde e o bio-syngas, que permitirá avaliar o seu impacto nas infraestruturas actuais e nos consumidores/as finais.

A Unidade Mixta de Gas Renovable busca de novo aliñarse coas diferentes políticas europeas dirixidas a acadar un crecemento económico baixo tres premisas fundamentais: crecemento intelixente, sostible e integrador.

Os gases renovables están chamados a xogar un papel moi importante, como fonte inesgotable de enerxía almacenable, para diminuír a dependencia dos combustibles fósiles a favor de enerxías obtidas de fontes renovables. O uso dos gases renovables como combustibles alternativos en mobilidade, de emisións neutras en termos de carbono, propón unha alternativa de rápida implantación no curto-medio prazo debido a que a tecnoloxía para o seu uso xa está dispoñible no mercado. A inxección de gas renovable á rede permite trasladar o concepto de mix enerxético de xeración, tan empregado no sector eléctrico, ao sector do gas. Apoiado polos certificados de orixe, coma no caso da enerxía eléctrica renovable, pódese trasladar a xeración dun punto a outro sen necesidade de proximidade das instalacións de xeración e consumo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión