Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de setembro de 2020

O Concello denuncia a improvisación da Xunta e a falta de planificación e de medidas que garantan a seguridade do persoal docente e do alumnado

O Concello lembra que a Xunta recibiu fondos do Estado para cubrir os gastos educativos derivados da COVID e pídelle ao Goberno autonómico que axude a financiar, por exemplo, as desinfeccións que están obrigados a realizaren os propios centros educativos Recorda que a pesar de non ter competencias en materia educativa está a traballar cos centros na organización das entradas e saídas dos colexios, executando obras para habilitar máis accesos e cedendo espazos públicos para garantir as distancias esixidas pola administración autonómica

O Concello da Coruña denuncia a improvisación da Xunta no inicio do curso, o que dificulta a conciliación das familias, e  a falta de planificación e de medidas que garantan a seguridade do persoal docente e do alumnado. Lembra que a pesar de non ter competencias en materia educativa está a traballar cos centros na organización das entradas e saídas dos colexios, executando obras para habilitar máis accesos e cedendo espazos públicos para garantir as distancias esixidas pola administración autonómica.

O Concello lembra que a Xunta recibiu fondos do Estado para cubrir os gastos educativos derivados da COVID e pídelle á Xunta que axude a financiar, por exemplo, as desinfeccións que están obrigados a realizaren os propios centros educativos. Neste senso, solicitoulle á Delegación Territorial da Consellería de Educación unha limpeza complementaria dos centros escolares en función do que dita o protocolo e atendendo ás demandas da Asociación de Directores dos CEIPs.

Ademais, a Concellaría de Educación puxo a disposición de centros como o Eusebio da Guarda na praza de Pontevedra espazos públicos co fin de que as nenas e nenos dispoñan dun maior perímetro para o lecer. Así mesmo, estableceuse un contacto constante coa Federación das ANPA canto ás actividades extraescolares e ao servizo de comedor e ofreceu aos centros escolares de Infantil e Primaria un servizo de mudanzas para a colocar e mover o mobiliario das aulas de cara a adaptalas ás esixencias do protocolo.

Tamén peonalizou a contorna dalgúns colexios para garantir a distancia social entre as familias e o persoal docente. Previamente, desde o Goberno local mantívose unha xuntanza coas escolas infantís antes do inicio do curso para os efectos de levar a cabo un seguimento das actuacións incluídas no protocolo aprobado para comezar as clases. Ademais, atenderon dunha forma inmediata as peticións dos CEIPs en relación ás necesidades de mantemento e priorizaron cuestións como reparar fiestras para a ventilación, abrir portas secundarias para facilitar o acceso do estudantado e arranxar baños para axeitalos ás condicións de uso esixidas. Tamén se adaptaron os horarios de limpeza co fin de reforzar a atención en horario lectivo e déuselles apoio a celadoras e celadores para xestionar espazos e accesos ás instalacións escolares.

Por outra banda, a Policía Local activou un dispositivo de reforzo para controlar o fluxo de alumnado e persoal docente na entrada e saída dos colexios en que tamén colabora Protección Civil. Con este fin, a concellería de Seguridade Cidadá aumentará nestes días o número de axentes ante o comezo de actividade escolar en máis centros.

O plan de actuación deseñado por Juan Ignacio Borrego mellorarase en certos puntos da cidade para que non se produzan incidentes como o que ocorreu na xornada de hoxe, onde se xeraron colas nas inmediacións do colexio La Grande Obra de Atocha, polo que mañá abrirán as portas quince minutos antes.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión