Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de febreiro de 2020

O concello insta á Xunta a que cese na súa política de peche de servizos sanitarios da área da Coruña

A petición vén dunha moción presentada polo BNG, con emenda de adición da Marea Atlántica, que se aprobou na sesión plenaria do pasado 6 de febreiro con votos a favor do PSOE, Marea Atlántica e BNG, o voto en contra do Partido Popular e a abstención de Ciudadanos

Na moción, o Goberno local esíxelle á Xunta que revise os concertos cos hospitais e clínicas privadas e que elimine aqueles quenon sexan necesarios, tal como dispón a Lei Xeral de Sanidade. O texto tamén recolle que reduzan as listaxes de agarda e tempos de demora das consultas de atención  hospitalaria e que se palie a carencia de recursos públicos sociosanitarios da Coruña. Desde María Pita, piden que se acabe coa política de privatización e a de derivar pacientes a clínicas privadas de xeito innecesario. Denuncian a precariedade e a explotación laboral do cadro de persoal do Sergas e propoñen elaborar un plan de mellora da atención primaria, de saúde mental e de atención á saúde das mulleres, así como un axuste orzamentario ás necesidades reais dos centros de saúde para dotalos de profesionais que garantan unha atención accesible e de calidade. 

Documentos:

Cfdo.-pleno-6-febrero-sobre-mejora-sanidad-publica.pdf (841 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión