Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de outubro de 2021

Inés Rey: “A dimensión da OSG e o seu recoñecemento internacional fan imprescindible que todas as administracións nos impliquemos”

A alcaldesa presentou este mediodía, xunto ao xerente Andrés Lacasa e o director Dima Slobodeniouk, a nova tempada da formación, na que a orquestra regresará ao Palacio da Ópera coincidindo co seu trinta aniversario

A alcaldesa, Inés Rey, presentou a nova tempada da OSG, na que a formación regresa ao Palacio da Ópera coincidindo co seu trinta aniversario. A rexedora asegurou o pleno compromiso do seu goberno coa Sinfónica de Galicia, mais "a súa dimensión e recoñecemento internacional fan imprescindible que todas as administracións nos impliquemos para garantir a continuidade e o éxito deste gran proxecto". Apuntou que a orquestra non só representa a imaxe da cidade da Coruña, senón que o seu bo facer "permítenos levar a imaxe e a cultura de toda Galicia alén das nosas fronteiras".

A alcaldesa destacou, xunto ao xerente Andrés Lacasa, e o seu director, Dima Slobodeniouk, que se despide este ano como titular, que en todo este tempo a formación acadou un papel relevante no panorama musical nacional e internacional, pero, sobre todo, no corazón das coruñesas e coruñeses, "que senten a orquestra como propia". Nestes tres decenios, Rey sinalou que a Sinfónica se converteu nunha gran familia que coidou e viu medrar a súa canteira: "Proba diso é que o violonchelista Raúl Mirás e o trombonista Óscar Vázquez Valiño militan xa na orquestra grande despois anos de formación nas filas da Orquestra Xove. Polo éxito deste modelo, a orquestra espertou o respecto do resto de Europa".

A alcaldesa gabou o traballo de Dima Slobodeniouk que soubo darlle no últimos nove anos a frescura que necesitaba e subliñou o éxito da OSG nas redes sociais, nas que sumaron preto de dez millóns de visualizacións en 2021 a través da súa canle en YouTube. Do programa, remarcou as doce actuacións que realizará a Sinfónica de Galicia nas distintas cidades galegas, a súa visita ao Auditorio Príncipe Felipe de Oviedo en febreiro e ao Auditorio Nacional de Madrid en marzo, o que suporá ver na cidade a Orquestra Nacional de España en 2022.

No Palacio da Ópera, a Orquestra Sinfónica de Galicia ofrecerá 24 programas en 35 concertos "nos que nos reencontraremos con Víctor Pablo Pérez, director honorario da formación, e onde se enriquecerá da man doutros mestres convidados como Anja Bihlmaier, Nuno Coelho e Richard Egarr, entre outros". Ademais, contará con figuras solistas veneradas pola crítica e canto ás obras contempladas no programa, seis serán estreas absolutas e 24 incorporaranse por primeira vez ao repertorio da OSG, que, como sempre, contará cos seus coros e orquestras máis novas.

A Sinfónica de Galicia poñerá á venda os novos abonos da tempada 2021-22 no próximo mes de novembro. Todos os abonados da OSG terán reservado o mesmo asento que ocuparon ata o mes de marzo de 2020.

O xerente Andrés Lacasa explicou que agardan que Dima Slobodeniouk siga vencellado moitísimos anos máis á Sinfónica e que o máis importante agora é pensar nas mellores solucións para o futuro. O responsable falou de consolidar este proxecto na excelencia, en todo o que abarca a nivel social e nas novas tecnoloxías. Pola súa parte, Slobodeniouk explicou que para a creación desta programación buscaron ofrecer novos horizontes: "Estou moi feliz de encontrar novo repertorio co que construírmos unha tempada moi interesante con mestres invitados e solistas".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión