Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de setembro de 2020

Inés Rey ao Goberno de Ceuta: “Ninguén está por riba da lei”

A alcaldesa advirte de que a estatua de Millán Astray non se moverá do almacén da Coruña e moito menos para incumprir a Lei da Memoria Histórica”

Tras recibir a petición formal do Goberno da Cidade Autónoma de Ceuta para a cesión da estatua do xeneral Millán Astray que foi retirada en 2010 da praza herculina, agora denominada Praza das Atochas, e que na actualidade permanece nunha dependencia municipal, o Concello da Coruña non só impedirá o traslado desta estatua senón que porá en coñecemento da Xustiza o que semella unha vulneración da Lei 52/2007 da Memoria História, pola cal "os escudos, insignias, placas e outros obxectos ou mencións conmemorativas de exaltación persoal ou colectiva do levantamento militar, da Guerra Civil e da represión da Ditadura» deberán ser retiradas dos edificios e espazos públicos".

Ante a misiva do goberno ceutí na que tentan exhibir de novo a figura do xeneral do bando sublevado, fundador da Lexión e procurador das Cortes franquistas, o Concello lémbralle ao Goberno da Cidade Autónoma de Ceuta que a Lei da Memoria Histórica é igual para todos. A alcaldesa, Inés Rey, asegura que "se a estatua de Millán Astray foi retirada da nosa cidade, de ningún xeito se lle vai ceder a ningunha outra administración para a súa exhibición" xa que, sinalou, "desde o Goberno local da Coruña defendemos a aplicación da Lei da Memoria Histórica e calquera outra administración que pense que está por riba da lei, está errada".

A rexedora asegura que non é o único caso para reparar a memoria histórica da cidade, e recorda o expolio dos bens públicos que levou a cabo na nosa cidade a Ditadura franquista, como é o da Casa Cornide, "en que o Concello segue a loitar para que se lle devolva aos coruñeses e coruñesas o que seu". Tamén o Pazo de Meirás, no que o Concello foi parte da denuncia que recentemente resolveu a Xustiza de forma favorable, "devolvéndolle ao pobo o que roubaron os Franco".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión