Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de xaneiro de 2023

Inés Rey reclámalle á Xunta que contribúa a bonificarlle o bus urbano aos coruñeses achegando o 20% do custo, igual que fan outras comunidades autónomas

A alcaldesa solicitoulle hai 31 días ao presidente, Alfonso Rueda, a súa colaboración económica para completar as axudas do 30% que está a ofrecer o Estado e non obtivo resposta

A alcaldesa, Inés Rey, reclámalle á Xunta de Galicia a bonificación do 20% no prezo do billete do autobús urbano necesario para manter o desconto do 30% do Goberno de España aprobado no Consello de Ministros do pasado 27 de decembro. A través dunha carta dirixida ao presidente, Alfonso Rueda, a rexedora solicitoulle hai 31 días a bonificación do 20% adicional ao desconto estatal para poder optar á axuda e poder manter a rebaixa no prezo do bus e non tivo resposta. "É á Xunta a quen lle corresponde bonificar o 20% para poder acceder ao desconto do 30% do Ministerio e que a cidadanía teña así o 50% de desconto" sinalou Inés Rey.

Tal e como contempla o Real decreto lei aprobado, as comunidades autónomas poden completar o 30% da bonificación cun 20% adicional e obter así a rebaixa da metade no prezo do autobús, como xa fixeron Madrid e Valencia. O Goberno de Inés Rey xa solicitara nunha carta á conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, esta bonificación o pasado 26 de agosto para completar a axuda do Goberno e non tivo resposta. A rexedora reiterou esta petición enviadolle unha carta ao presidente Alfonso Rueda fai 31 días, solicitando a bonificación do 20% con cargo aos orzamentos autonómicos, necesaria para manter a axuda estatal durante este ano. 

O Goberno de Inés Rey xa asume preto do 40% de bonificacións no prezo do billete ordinario aboado coa Millennium ou a app, bonificacións que chegan ao 60% nas liñas de autobús da UDC grazas ao acordo entre o Concello e a Universidade. "Como o Concello da Coruña xa bonifica a día de hoxe con preto do 40% o billete do autobús urbano consideramos que é á comunidade autónoma á que lle corresponde facer fronte ao 20% que establece o Goberno central, tendo en conta a importancia que teñen para os coruñeses e as coruñesas as bonificacións no transporte público" expuxo a alcaldesa na carta remitida ao presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. Rey solicita da Xunta o mesmo trato para os coruñeses e coruñesas que o Goberno galego lles está a dar a outros concellos e pídelle que actúe como fan outras comunidades autónomas e non exclúa as persoas habitantes das cidades das axudas ao transporte público. "Non pedimos nada excepcional, senón que a Xunta aplique unha medida prevista xa no Real decreto e que outros gobernos autonómicos están a aplicar", indicou Rey.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión