Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de outubro de 2020

O Concello da Coruña colabora co IGAPE na difusión do proxecto Spin Up e na busca de iniciativas e colaboradores no mundo empresarial para participar neste proxecto.

Spin Up é un proxecto europeo enmarcado no Programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, que pretende estimular a creación de empresas a través da transferencia de tecnoloxía e coñecemento no espazo de cooperación.

O obxectivo final do proxecto é a creación de 15 empresas en Galicia e 5 en Portugal nas áreas estratéxicas seleccionadas dentro da RIS3 T:

• Agro-bio, Industria de Alimentación.

• Industria de transformación (4.0).

• Industria Creativa, TIC, Turismo.

• Saúde, Envellecemento activo.

As persoas que teñan unha iniciativa empresarial (patente, idea ou proxecto de negocio) que responda a alguna destas áreas estratéxicas pode contactar co IGAPE, que prestará apoio e asesoramento para a creación da empresa ou a posta no mercado da patente. Desde o IGAPE facilitarán promotores para a realizacióndo plan de negocio, titores para o seguimento do proceso, mentores para asesoramento nos campos que sexa preciso, así como a asistencia a foros de investimento para a procura de financiamento.

Ademais, as empresas que detecten unha necesidade tecnolócia non cuberta ou se identifican un problema ao que non atopan solución no mercado poden tamén contactar co IGAPE.

As propostas poden remitirse ata o 15 de novembro de 2020, e a persoa de contacto é Beatriz Mira (teléfono 981 541 191, correo electrónico bemd@igape.es)

Máis información do proxecto en  https://spinup-project.eu/

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión