Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de outubro de 2022

O Concello da Coruña rende homenaxe a Ramón Vázquez Molezún na Semana da Arquitectura

O Concello coorganiza esta iniciativa coa UDC, promovida co gallo do Día Mundial da Arquitectura. Durante cinco xornadas consecutivas, a cidadanía poderá gozar con coloquios divulgativos e percorridos guiados pola Coruña

O Pazo Municipal de María Pita abrirá as súas portas este luns á posta en marcha da nova edición da Semana da Arquitectura, unha iniciativa coorganizada polo Concello, a Universidade da Coruña (UDC), a ETSAC e a Fundación Luís Seoane, así como coa colaboración da Fundación Barrié.

A Semana da Arquitectura na Coruña, promovida desde hai tres anos polo Goberno de Inés Rey, abrangue unha amplia programación de actividades asociadas a un contexto temporal moi específico: o Día Mundial da Arquitectura, que se conmemora o primeiro luns de outubro de cada ano.

Na primeira edición, a do 2020, o protagonista foi o arquitecto coruñés Andrés Fernández-Albalat. Xa no 2021, a Semana da Arquitectura fixou o seu punto de mira nos distritos de Cidade Xardín e o Barrio das Flores. E este ano, entre os días 3 e 7 de outubro, A Coruña acollerá diversas mostras e percorridos guiados que brindarán á cidadanía a posibilidade de achegarse á evolución urbanística e arquitectónica da Coruña en barrios como Elviña ou rúas como Juan Flórez.

A alcaldesa, Inés Rey, tomará parte este luns no acto de presentación da exposición 'Ramón Vázquez Molezún. 5+5 obras coruñesas', así como na do catálogo 'Ramón Vázquez Molezún inédito. Obras y proyectos en A Coruña'. No acto, que comezará ás 19.00 horas, homenaxearase a figura e legado do arquitecto coruñés Vázquez Molezún, no centenario do seu nacemento. Vázquez Molezún, gañador do Premio Nacional de Arquitectura no 1954, era un profundo coñecedor da cultura local, e, tras o seu periplo profesional por Europa, deixou o seu selo na súa cidade natal, visible na avenida de Arteixo e as rúas Juan Flórez e Concepción Arenal, así como na Fundación Barrié.

A apertura da mostra sobre Vázquez Molezún no Pazo Municipal de María Pita será o punto de partida para outras catro xornadas de actividades que se desenvolverán entre a praza do Libro, a Fundación Luis Seoane, a Fundación Barrié e outros espazos ao aire libre na cidade.

Os horarios e localizacións son os seguintes:

  • Martes 4 de outubro.
    • 17.30 horas (Praza do Libro): Roteiro guiado pola obra coruñesa I. Juan Flórez.
    • 20.00 horas (Fundación Luis Seoane): Inauguración da exposición 'La Roiba'.
  • Mércores 5 de outubro.
    • 12.30 horas (ETSAC): Inauguración da exposición 'Ramón Vázquez Molezún. Grumosa. Santa Cristina'.
    • 17.30 horas (Entrada do Club Financiero): Roteiro guiado pola obra coruñesa II. Elviña.
    • 19.30 horas (Fundación Luis Seoane): Faladoiros da Roiba (I); 'Patrimonio al límite. Una mirada técnica'.
  • Xoves 6 de outubro.
    • 16.00 horas (Fundación Barrié): Visita á Fundación Barrié.
    • 19.30 horas (Fundación Luis Seoane): Faladoiros da Roiba (II); 'Patrimonio al límite. Una mirada desde el borde'.
  • Venres 7 de outubro.
    • 17.00 horas (Sala de Mostras do Pazo Municipal de María Pita): Visita guiada á exposición 'Ramón Vázquez Molezún. 5+5 obras coruñesas'.
    • 19.30 horas (Fundación Barrié): Mesa redonda; 'Ramón Vázquez Molezún: el arquitecto, la obra, el legado'.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión