24 de septiembre de 2022
Ofértanse oito obradoiros presenciais e seis conversas en liña, a cargo dun equipo de profesionais expertas en eixos temáticos como a sexualidade, as violencias machistas e as expresións artísticas
A Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación cidadá pon en marcha o programa 'Escola de Benestar e Apoderamento'. A finalidade da escola é favorecer o benestar integral e impulsar a participación das mulleres e rapazas novas en diversos ámbitos.
As actividades que incluén o programa tamén estarán dirixidas á comunidade educativa (familias, adolescentes e profesorado). O programa da escola achega tamén obradoiros presenciais e conversas en liña, en ambos os casos de carácter gratuito.
Na edición correspondente a este ano 2022, ofertaranse 8 obradoiros presenciais e 6 conversas en liña a cargo dun equipo de profesionais expertas nos diferentes eixos temáticos que aborda a escola. Son os seguintes:
O primeiro obradoiro 'Que espero de min? Cada etapa, un proxecto' dará comenzo o vindeiro mércores 28 de setembro. Por outra banda, a primeira conversa 'Violencia de xénero: violencias sexuais (abuso, acoso e agresión sexual)', terá lugar o 21 de outubro.
A maior parte dos obradoiros presenciais terán lugar no Centro de Información ás Mulleres. O prazo de inscrición xa está aberto e as inscricións pódense realizar a través dun formulario que se pode atopar aquí. Igualmente, para calquera dúbida, as persoas interesadas poderán contactar co equipo coordinador do programa a través do correo escoladeapoderamento@coruna.gal.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible