Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de xullo de 2021

O Goberno municipal convoca 212 prazas de promoción interna para bombeiros e auxiliares administrativos

Acordo cos representantes sindicais para negociar desde o 14 de setembro a regulación da Carreira Profesional e unha nova Relación de Postos de Traballo. Goberno Local e Sindicatos acordan constituír unha Mesa de Negociación para a mellora das condicións laborais dos empregados públicos.

O Goberno local e os representantes sindicais dos traballadores municipais (UGT, CCOO, CIG e CSIF) acordaron hoxe na Mesa Xeral de Negociación abrir unha Mesa de Negociación para impulsar procesos de mellora das condicións laborais da totalidade dos empregados públicos municipais.

Co acordo acadado hoxe constituirase unha Mesa de Negociación o vindeiro 14 de setembro que fixará un calendario de traballo onde se abordará a valoración dos postos de traballo (VPT) e a elaboración dunha nova Relación de Postos (RPT).

Tamén será obxecto de negociación a regulación do fondo de axudas sociais aos empregados municipais, a regulación do teletraballo, a modificación das normas de xestión da RPT actual e tamén o desenvolvemento do acordo estatal para rematar coa temporalidade no emprego público.

O concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage Tuñas, explicou hoxe que vaise abrir "un marco de diálogo social ambicioso para abordar asuntos que levan máis dunha década pendentes de resolverse". Lage constatou a "boa disposición por parte dos representantes sindicais para abordar nunha mesa de negociación tódolos asuntos pendentes".

Dentro dos planas municipais para a mellora das condicións laborais, explicou o concelleiro, o Concello vén de aprobar, dacordo cos representantes sindicais, a convocatoria de 212 prazas de promoción interna, a primeira que se leva a cabo en máis dunha década e que permitirá mellorar as súas condicións a 91 bombeiros e 121 auxiliares administrativos.

O Goberno Local fíxase como obxectivo realizar a meirande parte dos procesos selectivos de promoción interna antes de que remate o ano 2021. Con este fin neste mes de xullo procederán a convocar os procesos de promoción interna para bombeiros, subalternos e auxiliares administrativos. Así axilízanse procesos que levaban máis dunha década sen se abordar.

Tamén de acordo cos sindicatos, indicou Lage Tuñas, aprobouse a instrución que regula as vacacións, permisos e licenzas do persoal municipal.

José Manuel Lage Tuñas destacou o clima de diálogo presente na Mesa Xeral de Negociación e subliñou a vontade da alcaldesa, Inés Rey, de contribuír, na medida das posibilidades do Concello, á mellorar a situación dos traballadores públicos. Nesa liña, recordou, o pasado mes de xuño aplicouse o incremento salarial do 0,9% a toda a plantilla do Concello.

"O Goberno de Inés Rey está a facer un esforzo para convocar procesos selectivos e dar resposta a demandas laborais xustas e que, en moitos casos, levaban máis dunha década sen resolverse, como no caso da promoción interna", destacou Lage Tuñas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión