Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de xaneiro de 2022

O Goberno municipal levará ao pleno de febreiro o estudo de detalle da residencia de Eirís para que poidan comezar as obras

O proxecto estaba tan só á agarda dun informe da Xunta para poder avanzar. A Administración Autonómica aínda achegou onte a documentación preceptiva de Patrimonio

O Goberno municipal levará ao pleno ordinario do mes de febreiro o estudo de detalle da nova residencia para a terceira idade que se construirá en Eirís. A aprobación do estudo de detalle é preceptiva para poder comezar as obras do inmoble. 

A aprobación do estudo de detalle estaba pendente unicamente da remisión por parte da Xunta do informe de Patrimonio; o resto das Administracións implicadas en ditos trámites (Concello, Costas do Estado e Axencia Española de Seguridade Aérea) xa tiñan completado os seus informes. 

O expediente para o novo estudo de detalle iniciouse en setembro a instancias da Xunta, que cinco meses despois entregou a documentación necesaria para completar os trámites. O informe de Patrimonio chegou onte a área de Urbanismo do Concello.

O executivo de Inés Rey agarda que, tras a aprobación plenaria, a Xunta leve a cabo a execución dos traballos coa maior celeridade, habida conta de que na cidade hai un gran déficit de prazas públicas en residencias, así como de medios autonómicos para a atención de maiores. Hai 19 anos que a Xunta non abre ningunha residencia para maiores na cidade, e de xestión directa, máis de 30 anos.

A nova residencia, sufragada pola Fundación Amancio Ortega, axudará a mellorar a situación, mais a alcaldesa, Inés Rey, insta á Xunta de Galicia a aumentar o seu investimento en maiores na cidade para evitar que moitos demandantes fiquen obrigados a desprazarse a residencias noutros puntos de Galicia e mesmo queden sen praza e sen alternativas de atención.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión