Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de maio de 2021

Regresa o Gran Premio Cantones de marcha atlética da Coruña

O XXXIV Gran Premio Cantones de Marcha. Trofeo Sergio Vázquez, a celebrar o próximo 5 de xuño de 2021 e organizado polo Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo, reaparece con máis forza e vitalidade despois da suspensión da edición do 2020 pola crise sanitaria

Unha das competicións máis importantes a nivel internacional da especialidade de marcha atlética, tras os Xogos Olímpicos e o Campionato do Mundo, regresa de novo este ano despois do parón obrigado do 2020 debido ás circunstancias sanitarias do Covid-19. O XXXIV Gran Premio Cantones de Marcha. Trofeo Sergio Vázquez, a celebrar o próximo 5 de xuño de 2021 e organizado polo Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo, reaparece con máis forza e vitalidade despois da suspensión da edición do 2020 pola crise sanitaria. Os seus resultados serán determinantes para establecer esas últimas prazas que dan pasaporte á disputa dos Xogos Olímpicos de Xapón, que se celebrarán en Tokio, entre os días 30 de xullo e 8 de agosto do 2021. Como en cada edición, desfilarán polo emblemático circuíto dos Cantones os maiores especialistas mundiais do momento, xa que o prestixio da proba consolidouse durante máis de 30 anos, ofrecendo unha competición do máximo nivel.

Unha edición especial, baixo as medidas COVID19Durante a proba, polo seu carácter internacional, aplicarase o protocolo Covid-19 do Consello Superior de Deportes, e a organización velará porque a competición se desenvolva conforme aos máis estritos controis sanitarios, apostando polo streaming para evitar a congregación de público. Ademais, todos os atletas participantes realizarán o mesmo día da competición o test de antíxenos para descartar que calquera persoa infectada poida participar. 

A organización aposta por emitir a proba en directo, a través de streaming co obxectivo de que esta competición, que sempre esperta un gran interese, poida ser seguida en directo desde calquera lugar do mundo. A web www.cantones.gal xa está operativa. A organización da proba, Federación Galega de Atletismo e Concello da Coruña, puxeron en funcionamento o portal web dedicado en exclusiva ao Gran Premio Cantones de Marcha. Trofeo Sergio Vázquez. Está dispoñible en catro idiomas, español, galego, inglés e francés e contará con varias seccións. Toda a información que se vaia xerando irase publicando nesta web, aínda que tamén será reflectidas nas redes sociais da Federación Galega de Atletismo e da Concellería de Deportes da Coruña.

Resumo da normativa Técnica do GP Internacional de MarchaO XXXIV Gran Premio Cantones da Coruña de Marcha Atlética é unha proba integrada no Calendario da World Athletics, organizada conxuntamente pola Federación Galega de Atletismo e o Concello da Coruña. A proba celebrarase o sábado 5 de xuño de 2021, no circuíto urbano dos Cantones da Coruña de 1 Km, (ida e volta) con saída e chegada na Zona do Obelisco, no Cantón Grande. Disputaranse dúas probas independentes de 20 km. A primeira ás 17.00 horas para a categoría feminina e ás 19.00 horas para a masculina.

O GP Internacional de Marcha Cantones da Coruña forma parte da Challenge WA de Marcha 2021 nos que tamén se atopa o Grande Premio Internacional de Rio Maior (Portugal), os Xogos Olímpicos de Tokio (Xapón) a Race Walking Permit Meeting Challenge da Cidade de México e a Invitational Race Walking Meeting de Acoalcos (México).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión