Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de febreiro de 2020

Rey destaca os valores da Coruña como pobo que nunca “se dobrega” con motivo do bicentenario do Trienio Liberal

A alcaldesa descubriu na praza da Constitución unha placa conmemorativa da efeméride, en que a cidade tivo protagonismo por ser a primeira que seguiu os preceptos da Carta Magna de 1812

A alcaldesa, Inés Rey, descubriu este mediodía na praza da Constitución unha placa conmemorativa dos 200 anos do Trienio Liberal, en que a cidade foi protagonista ao darse unha sublevación por parte dos civís e militares liberais contra o despotismo absolutista, e foi a primeira cidade insurrecta que seguiu os preceptos da Constitución de 1812. A cidade celebrará esta efémeride con actos ao longo de todo o ano nos que "recordarmos os nosos valores e a nosa esencia como territorio, un territorio con inquedanzas que non se dobrega nin renega dos seus principios". A rexedora lembrou que como recoñecemento a ese valor como pobo, "paseamos noutrora no noso escudo un libro, que é símbolo desa condición" e da participación no movemento revolucionario que se deu na península porque aínda que Cádiz é a cidade emblemática do trienio liberal, a que marcou un fito na historia democrática deste país, xa que alí se xestou a Constitución de 1812, A Coruña contribuíu a que isto todo se materializase".

Rey sinalou que a cidadanía demostrou que estaba disposta a defender unha vez máis as súas liberdades nunha etapa convulsa e engadiu que pese a que a intervención francesa rematou co primeiro réxime democrático español, "hoxe recordámolo como o primeiro espertar dun sentimento e unha forma de ser que levou a construír a España moderna que todos desfrutamos".

Neste aspecto, recalcou que esta placa rememora aquilo como nas Conchiñas o Monumento aos Liberais lles advertiu durante moito tempo ás persoas que pasaban pola praza do que aquí tivo lugar: "A escultura volverá cumprir de novo esta misión na Agra do Orzán e en canto a nós, as persoas de carne e óso, temos e debemos estar moi orgullosas deste pasado que nos fai fortes no presente e apunta a un futuro alentador".

Xunto á alcaldesa, tamén interviu Xosé Antón Fraga, director do Instituto de Estudos Coruñeses José Cornide (IJCEC) e organizador do Ano Trienio Liberal. No acto, axentes municipais uniformados de Milicia honrada e membros da Asociación Royal Green Jackets realizaron unha salva de fusís e a Banda Municipal de Música interpretou o Himno de Riego e a Muiñeira Alfonsina, de Canuto Berea. Ademais, na praza quedaron instalados oito paneis informativos a modo de exposición ao aire libre, relativos ao acontecemento histórico.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión