Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de novembro de 2020

Villoslada: “O Goberno de Inés Rey ten un compromiso firme coa mellora das contornas escolares”

O concelleiro de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, e o concelleiro de Educación e Memoria Histórica, Jesús Celemín, reuníronse esta mañá coa delegada en Galicia de Stop Accidentes, Jeanne Picard, para abordaren un plan director de contornas seguras e accesibles para os centros educativos da cidade

Esta mañá, o concelleiro de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, e o concelleiro de Educación e Memoria Histórica, Jesús Celemín, reuníronse coa delegada en Galicia de Stop Accidentes, Jeanne Picard, para abordaren un plan director de contornas seguras e accesibles para os centros educativos da cidade.

Villoslada sinalou que "o Goberno de Inés Rey ten un compromiso firme coa mellora das contornas escolares" e proba diso, asegurou, "son as recentes intervencións nas proximidades inmediatas aos colexios Anxo da Garda, Raquel Camacho, Zalaeta, Sal Lence e Pardo Bazán, a reurbanización da rúa Victoria Fernández España en que se peonalizou esta vía que dá acceso ao IES Menéndez Pidal de Zalaeta". O edil de Urbanismo lembrou que en Novo Mesoiro "tamén se habilitou unha parada de autobús escolar e un novo paso de peóns que afectan á mellora da contorna do novo centro educativo deste barrio".

Pola súa banda, Celemín apuntou que o Executivo local "escoita moi de preto as demandas da comunidade escolar para mellorar en todos os ámbitos os colexios e as súas contornas, pero sobre todo no que á seguridade do alumnado e do profesorado se refire".

O plan director que propoñen en colaboración o Concello da Coruña e a plataforma Stop Accidentes será un paso máis no coidado das contornas escolares.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión